Marta Rodríguez Engroba
Esixir, pelexar...? Si, pero con coherencia
De novo o caso de Juana Rivas retorna aos xornais e aos platós, que xa semellan, dito sexa de paso, ser o seu medio natural.
O motivo, esta vez, é a petición do fiscal para Juana de cinco anos de prisión por subtracción dos menores, así como a inhabilitación por un prazo de seis anos para exercer a patria potestade e o pago das costas.
E de novo as masas se enardeceron. Masas que claman xustiza para Juana e denostan unha lei a que califican de inxusta e que dín non protexe a Juana e que a maltrata.,
Antes de continuar, quero aclarar, por enésima vez, que eu non teño nada en contra desta señora. Tampouco en contra da súa ex parella, por unha sinxela razón, porque non coñezo a verdade do caso, e a información lanzada a golpe de amarillismo non me merece nin a máis mínima credibilidade.
Creo, así mesmo, que de sobras é coñecida a miña postura en canto a violencia de xénero, contra a que loito cada día dentro das miñas limitadísimas posibilidades, principalmente tentando axudar as mulleres que a padecen, e se hai alguien rigorosa nese eido, son eu. Non permito nin o mais mínimo ápice de tolerancia ou de intento de mediación con quen comete a barbarie máis atroz sobre as mulleres sinxelamente por iso, por ser mulleres.
Tampouco calo a hora de cuestionar e mesmo criticar abertamente unhas leis que as veces, por desgraza non poucas, lonxe de defender as vítimas da violencia machista, de salvagardalas dos seus verdugos, as colocan directamente aos pés dos cabalos, ademais de cuestionalas, ou mesmo facéndoas pasar, directamente, de vítimas a culpables.
Agora ben, todo isto fágoo procurando actuar con prudencia, tanto como cando, no seu día me tocou a min, como aconsellando agora facelo ás mulleres que acoden solicitar axuda a Si, hai saída, con coherencia e con sentido común.
Como pode ninguén con dous dedos de fronte, instar a unha muller a transgredir a lei dun xeito flagrante e pensar, nin por un segundo, que vai acadar os seus propósitos?.
Como lle podes esixir a unha lei que desprezas olimpicamente que che dea a razón, cando se algo estás ignorando ti mesma é precisamente iso, a razón?.
Eu, xa o dixen, e de todos é sabido, son nai. Non hai ninguén nesta vida a quen queira mais que a meu fillo e, supoño que coma toda nai, daría ata a derradeira gota de sangue por el se fose preciso. Por iso podo entender os sentimentos de calquera outra nai que vexa que pode existir a máis mínima posibilidade de perder os seus fillos, pero xustamente iso, os sentimentos, non sempre nos deixan actuar coa sensatez que é precisa. Poden chegar a superarnos, e iso é algo lóxico.
O que xa non é lóxico, se mire por onde se mire, e que, quen se supón que está ao noso carón para axudarnos, para aconsellarnos o mellor xeito de actuar e que di, ademais, representar a esa lei, nos empurre directamente a incumprila, e nos secunde, pola contra, na montaxe dun espectáculo que a quen está facendo máis dano, algo que case todos os que defenden a capa e espada a Juana Rivas semellan esquecer, é aos dous nenos polos que dín estar loitando.
Por outra banda, sempre na miña opinión, pretender acadar o apoio da lei incumpríndoa de xeito reiterado, é algo semellante a crer nos Reis Magos, unha ilusión que remata, loxicamente por derrubarse, coa diferencia de que nos Reis Magos se cre por inocencia, e no caso da lei, e neste en concreto, a inocencia non sei se da máis directamente implicada, pero de quen dixo asesorala e se erixiu en xuíz e parte, hai tempo que se esfumou, se é que existiu algunha vez. Pola contra, artellou unha hábil manobra mediática, da que non tivo reparo algún en apearse cando viu que as cousas se poñían feas, para, posteriormente, volver a subirse ao carro unhas veces si e outras non, segundo lle conveña mellor.
Eu, insisto, non coñezo a Juana Rivas (comezo a pensar, iso sí, que debo ser a única), e ignoro, por tanto, que a levou a actuar dun xeito tan pouco afortunado.
Se foi por inxenuidade, deixándose guiar por quen a aconsellou do peor xeito posible, non podo por menos que sentir unha enorme mágoa por ela e, por riba de todo, polos seus fillos.
Se o fixo deliberadamente, sendo consciente do erro que estaba a cometer, un erro que, obviamente, non ía levala a ningures e que, máis tarde ou máis cedo lle ía pasar factura, lle diría que non lle queda outra que pagala.
Eu, e cantos me coñecen polo miúdo o saben, son das que, ante o mais mínimo atisbo de inxustiza, sempre avogo por pelexar, por esixir……pero con coherencia e con sentido común.
Actuar do xeito contrario, nunca nos vai traer nada bó, por máis titulares ou programas de televisión que se protagonicen.
Asociación Si, hai saída