Francisco Freire Vila
Mestre Sampedro
"A morte é o prezo que pagamos por estar vivos, sencillamente".
Así definía a morte, coa naturalidade e senxileza que caracterizaba a este gran humanista, escritor e economista. Mais tamén definiu a vida:
"A vida é un arder e o que non arde non vive"
"A vida é unha navegación difícil sen un bo compás".
Como estas, déixanos un legado de centos de frases e citas de temática moi variada. Algunhas sobre o tempo:
"O tempo é invencible porque el mesmo se destrúe a cada pouco"
"O tempo non é ouro; o tempo é vida"
Outras sobre o ser humano:
"Os homes pensamos que diriximos os acontecementos e a historia [...], pero hai uns límites enormes, porque non somos autores senón protagonistas dun guión que escribe a vida"
"Non aprendemos a vivir como humanidade, a humanidade está por facer"
"Estamos facendo un uso humano dos seres humanos? Estamos facendo un uso humano de nós mesmos? Estamos sabendo vivir humanamente?"
"O que máis me impresionou deste século XX que finaliza é a estupidez e brutalidade humanas"
ÿ asombroso que a Humanidade aínda non saiba vivir en paz, que palabras como 'competitividade' sexan as que mandan fronte a palabras como 'convivencia'"
Pero a autenticidade de Sampedro atopámola tamén no fin. Denunciaba todo aquilo que lle preocupaba do mundo por respecto a si mesmo e por o deber da honestidade. Así criticaba o sistema capitalista:
"Hai dous tipos de economistas: os que traballan para facer máis ricos aos ricos e os que traballamos para facer menos pobres aos pobres".
"Non estou contra a economía de mercado, senón contra a sociedade de mercado, é dicir, contra unha sociedade na que se pretende que as decisións económicas determinen todo o demais, que o que non cotiza no mercado non lle atribúe ningún valor"
"O mercado non é a liberdade: vaia vostede ao mercado sen diñeiro a ver a liberdade que ten. Os gobernos saben o que deben facer, pero non o fan. Neste modelo de globalización o poder económico púxose por riba do político, e mentres que o poder político, mellor ou peor, está supeditado ás votaciones dos cidadáns, o económico non está supeditado a nada".
"Non quero dicir que sexa contrario ao mercado, nin moito menos. Pero si o son a unha sociedade mercantilizada coma a nosa. Aquí se mercantilizan ata os afectos. Estamos entrando nun periodo de barbarie, como o que se daba nos últimos anos do derrubamento do Imperio Romano. E temos aos bárbaros dentro. Iso provocou unha sociedade impulsada polo medo
"Edúcannos para ser produtores e consumidores, non para ser homes libres"
Tamén foi moi crítico coas medidas do Goberno:
"Que a xente acepte os recortes e os vexa case necesarios débese a unha das forzas máis importantes que motivan ao home: o medo. Gobernar a base de medo é eficacísimo"
"Estamos nun momento no que se está falando de moitos problemas. Pois o máis grave hoxe é o Ministerio de Educación. Cos seus recortes e insensibilidade prívase aos nenos menos favorecidos de oportunidades, de horas de estudo, de clases, de aulas e profesores de apoio. Estase castrando a intelixencia deses mozos pechándolles as portas para o futuro mentres se favorece o ensino relixioso con diñeiro laico"
Sempre avogou polo libre pensamento:
"Sen liberdade de pensamento, a liberdade de expresión non serve de nada"
"Sempre procurei facer aquilo que me gustaba, e de facelo o mellor que puiden"
"Desde a infancia ensínannos; primeiro a crer o que nos din as autoridades, os curas, os pais... E logo a razoar sobre o que cremos. A liberdade de pensamento é ao revés, o primeiro é razoar e logo creremos o que nos pareceu ben do que razoamos"
Sampedro, cando ti dicías: "Sempre procurei facer aquilo que me gustaba e facelo o mellor que puiden". Estaba ben feito!