Héctor Santaló
Magnanimidade absoluta
O noso alcalde saíu ao paso da concentración de persoal municipal que tivo lugar fronte o edificio de oficinas da rúa Michelena cunhas declaraciońs esperanzadoras, desconcertantes e preocupantes.
Esperanzadoras porque segundo dixo ao medios, as subas que se están a negociar estan entre o 8 e o 12%, o cal implica unha mellora cuantitativa importante respecto da proposta actual na que a suba mínima é do 0%.
A falta de que esa nova proposta económica nos sexa presentada formalmente, só cabe celebrar as palabras do alcalde, consonte as cales a suba mínima que os empregados municipais van ver reflictidas nas súas retribucións será do 8%.
Ademais, das súas palabras dedúcese que esa suba é fruto do esforzo negociador do Concello, polo que só cabe entender tras eses incrementos non se agochan triquiñuelas ariméticas de ningún tipo (como por exemplo, incluír nelas a porcentaxe de suba recollida na lei de orzamentos xerais do estado).
Desconcertantes, porque non deixa de ser un sintoma de mala saúde das negociacións o feito que o incremento da partida económica destinada a negociación colectiva experimente un incremento na contorna do 60% e os representantes dos traballadores se enteren polas declaracións do alcalde á prensa.
Preocupantes porque o alcalde, ao dicir quen "non hai ningunha xustificación laboral para non chegar a un acordo neste concello e somos absolutamente magnánimos" en realidade está a dicir é que considera inxustificadas as protestas dos traballadores e que xa están sendo permisivos e xenerosos dabondo con eles.
Por un lado creo que non é acertado negar a existencia dun problema laboral cando as mobilizacións se están a secundar por un elevado número de traballadores pertencentes a todos os corpos municipais, incluido persoal de brigada e de oficinas.
Por outro opino está ben ser magnánimo, no entanto nunha negociación na que nos xogamos o destino de arredor de 500 traballadores e traballadoras, cómpre ademais ser xusto, obxectivo e transparenre. Doutro xeito pode que se templen os ánimos durante un tempo, pero pasado este os traballadores comenzarán a percibir de novo situacións de agravio comparativo e a única explicación que atoparán é que o grupo de goberno decidiu ser máis xenerosos con uns que con outros.
En calquera caso agardamos ansiosos a presentación formal desa nova proposta económica da que nos fala o alcade para mellorala, revitalizar dunha vez por todas esta negociación e levala a bo porto.