É case imposible sustraerse, por moito que se intente, a todo o que ten ver cos membros de La Manada,e non soamente polo que atinxe súa barbarie.
Desde que unha xustiza que a maioría nos resulta case imposible entender lles permitiu sair a rúa e retomar a súa vida, observo, horrorizada, como semella estar a comezar a darse un fenómeno que, aparentemente, ninguén advirte, e que a min me produce auténticos arrepíos.
Coa saída do cárcere dos presuntos violadores, iniciouse, por parte de moitos medios de comunicación, unha exhaustiva cobertura que nos mantén, queiramos ou non, interésenos ou non, puntualmente informados dos seus movementos.
E cando falo de movementos non me estou a referir tan só a aqueles que teñen que ver co lamentable caso que os fixo coñecidos, senón a algo ben distinto.
Entendo que se seguira con expectación a súa saída do cárcere, como tamén é ata certo punto lóxico que se conte, por poñer un exemplo, o intento de renovar o pasaporte dun deles, porque evidencia un probable risco de fuga.
O que xa non me parece tan normal é ese seguemento de todos é cada un dos seus movementos, como tampouco creo que se esté a facer do mellor xeito.
Puntualmente se nos informa das súas entradas e saídas, das súas viaxes de fins de semana, de vacacións, comidas con amigos, etc, etc.
Comezan xa a ser habituais as imaxes onde se lles ve atravesando o cordón de xornalistas sorrintes e con un aplomo digno de calquera dos famosos de turno, e mesmo se chegou a comentar dun deles que cando saía coa súa familia dun xantar con un grupo de amizades saudara cordialmente aos reporteiros que o agardaban no exterior do local.
Todo ao mais puro estilo "celebrity"!.
Qué nos está a pasar?. E que estamos perdendo o Norte, se é que non o fixemos xa?.
Non sei se o resto de xente pensará o mesmo, pero eu, cando vexo algunha noticia acerca destes individuos e o tratamento que se lle está a dar, xa non teño nada claro se é información ou se estou vendo un "magazine" deses que se dedican a contar a vida e milagres dos famosos.
E o peor non é eso. O peor é o efecto que isto pode chegar a causar, e que pode ser, polo camiño que imos, que se convirta a unhos depredadores sexuais en "famosillos" aos que mais dun rapaz, ainda sen formar, e con unha mente maleable, desexen imitar.
Por non mencionar que, por mor deste desplegue mediático, o seu ego, a súa fanfarronería, medra a pasos axigantados .
Dito doutro xeito, ao paso que vamos, en nada, convertirase a unhos presuntos violadores en ídolos.
Alguén dun medio de comunicación me dicía o outro día que a finalidade desa cobertura era poñelos en evidencia, avergoñalos. Que me está contando?. De verdade alguén pode crer que sinten ou teñen nin a mais mínima vergoña?. Por favor!.
Pola contra, en toda esa disección da súa vida e miragres, non se lle deu apenas cobertura a algo relacionado cun deles, e que, ademais de ser moi grave, si debería facerse notar, porque é o reflexo de que algo se está a facer moi mal.
Antonio Manuel Guerrero, o membro de La Manada que é Garda Civil estivo destinado, durante un tempo, a protección de vítimas de violencia de xénero, algo que malia saberse, apenas se comentou, e que é unha palpable evidencia de que os criterios para seleccionar ao persoal ao que se lle vai encomendar a asistencia e protección das vítimas da violencia machista non é, nin de lonxe, todo o rigorosa e exhaustiva que debera, máxime cando estamos a falar de vidas e de unha lacra que tantas e tantas se cobra.
Pero así son as cousas neste pais noso, que as veces non merece outro cualificativo que non sexa o de.pais de pandereta.
Temos máis interese en saber se van de cea, de vacacións ou de festa, que en loitar porque atrocidades como a supostamente cometida por estes individuos non se repitan, e que, de facelo, as leis, a xusiza, actuén co rigor e a contundencia pertinentes.
Os shows propios de certos programas de sobremesa de dubidosa calidade non soamente non nos interesan, senón que poden chegar a implicar un claro risco de facer de delincuentes, ídolos a imitar.
Moi perigoso.
Fálase continuamente de violencia de xénero, de prevención, de xustiza, pero é canto se fai, falar.
A hora da verdade, pouco ou nada se fai, e, ainda peor, coa nosa inconsciencia, con unha case total falta de empatía coas vítimas e con unha concienciación que é, en non poucas ocasións, simple apariencia, seguimos mantendo o caldo de cultivo para que se siga abusando, violando e matando as mulleres.
E diso, nos guste ou non admitilo, todos somos responsables.
Asociación Si, hai saída.