Teresa Casal
Paradoxas
Escribo isto baixo a influencia de varias novas que acabo de escoitar e ler.
A EPA dinos que os parados/as aumentan hasta os 6.202.700.
A taxa de paro está no 27%
O paro xuvenil acada o 57,2%
Os pensionistas actuais e futuros verán recortados, de novo, seus dereitos. A idade de xubilación subirá dos 67 anos, se precisarán máis anos de cotización para acadar a pensión máxima que lles correspondería polos anos traballados.
Por outra banda, O Banco Santander gaña 1.205 millóns de euros no primeiro trimestre do ano.
Caixabank multiplica seus beneficios
Bankia volve os beneficios.
Trascribo literalmente as novas da prensa, non é preciso engadir máis, describen unha situación que os españolitos de a pé non podemos chegar a entender.
A maior parte do endebedamento deste pais débese as axudas os Bancos, non hai mais que ver como cambia a cifra do déficit público si se conta ou non as axudas a Banca. Sen elas, 7,1% contando esas axudas, 10.6%.
As conclusión destas novas sacaríaas un neno de cinco anos, si me apuras case o meu neto de dous. Os parvos desta historia son os de sempre: os traballadores/as, os mozos/as, os pensionistas, a sufrida clase media que, practicamente xa non existe porque está a ver esvaecerse ante seus ollos o benestar acadado en moitos anos de traballo e sacrificios. Non todo foi vivir por riba das súas posibilidades. Quen sí viviron moi por riba das súas foron precisamente os Bancos, os que reciben as axudas millonarias, os que enganaron os clientes máis humildes, ignorantes e confiados, os que dirixían o cotarro e, despois da desfeita, marcharon para casa forrados para vivir tres vidas cando menos. Os que cobraban sobresoldos moi por riba da súa valía profesional e humana. E, en fin toda esa fauna nacional que nos avergoña dia si e dia tamén por pertencer o mesmo especie humana que nos.
E ante este panorama que se está a facer? O Congreso dos Deputados péchase a cal e canto e só falla que o forren de sacos terreños, e non falo do aspecto físico senón da cerrazón dun goberno que usa e abusa dunha maioría lexítima polas urnas pero deslexitimada polo incumprimento dos compromisos electorais. Duns deputados que non responden ante quen os elixiu senón ante os seus xefes de fila, que no canto de dar exemplo, cobran dietas por estar fora da casa cando teñen vivenda propia en Madrid. Que limítanse a darlle a un botón para aprobar oi rexeitar no senso contrario do que pensan ou fan só por seguir a disciplina de partido, non vaia ser que os multen ou non lles deixen repetir. Que se enredan entre eles por herencias recibidas ou seguen ahi propoñendo solucións que non foron quen de dar cando gobernaban.
Xa sei que algunhas das cousas que digo terían que pasar por cambios na lexislación, pero a qué esperan? A que os poucos que aínda cremos na democracia e na política como servizo público, perdamos a pouca fe que nos queda?
Miren para fora do pazo no que están instalados, non teñan medo de palpar a realidade, é dura pero é a que está a vivir a xente deste pais, que quere confiar en vostedes si dan unha mínima mostra de que queren arranxar os problemas que os afogan e non seguir a vivir como si todo isto non fora cos pais da patria e si só cos parias desta mesma patria.
26.04.2013