Carlos Regojo Solla
Indicios razonables
No parque aquel de Redondela -onde hai anos un alcalde chamado Xaime puxo a estatua de Castelao- cheo de nenos, vellos, pombas e gorrións; naquela tardiña solleira e fría de novembro, os dous velliños, ben abrigados con cadanseu gaban e luvas de pel a xogo, ámbolos dous cubertos cun sombreiro elegante se achegaron ao banco dobre, pousaron cada un o seu bastón e sentaron queixosos ás miñas costas, baixo o chorón case espido. Ao sentilos, virei a cabeza cara atrás e recoñecinnos ó momento. Tratábase de don Arcadio e don Pascasio, dous xubilados noutrora adicados ás leis, moi amigos dende sempre pese as súas diferenzas profesionais ben coñecidas na vila. Facía tempo que non os vía -a verdade é que eu non pisaba o parque dende meses atrás-e distraeron miña atención dos amaños que andaba facendo no messenger co meu colega da fábrica tratando de inflar unhas partidas de cemento para sacar uns benéficos extra, logo do chateo que tivera minutos antes con Lupe, unha moza marabillosa da cal non comentarei máis nada. Os dous licenciados traían unha conversa fina, nun ton suave e elegante propio dos homes educados e estudados que todos prezamos nos médicos, inspectores e noutras persoas de carreira que cando os oes falar parece que Deus escolleunos para demostrar o grande ignorante que un é, demostrando con iso que para falar non é preciso levantar a voz porque a fala cultivada e suaviña lévate moito máis lonxe.
--Mira, Arcadio -decía don Pascasio con moita dozura- tiene que ser eso que yo te digo. Es un invento calculado. Se han quedado obsoletos hasta ellos que hace poco eran los infalibles.
--Es decir, qué tú crees … -comezou dicir seu amigo.
--Sí, hombre, no te quepa duda alguna -interrumpeo o primeiro-Deben tener un problema gordo, muy gordo, de espacio y documentos. Nunca tuvieron archivos fiables y ahora la realidad se les echa encima. Están llenos de cientos de miles de recursos que no pueden solucionar, y espera a ver lo de las indennizaciones! Imagínate lo que habrá ahí después de tantos años! La de Caín, amigo, eso va ser la de Caín.
--Entonces …? -inquire don Arcadio.
--Nada, mi querido amigo, nada, dadas la presiónes interna y externa y para que no ocurra más, entre los de arriba y los de abajo, con sus presidentes al frente se han puesto de acuerdo por primera vez y han inventado el artilugio en cuestión. Ahora todo quedará claramente definido, a la vista de todos. Qué niegas los hechos?; pués toma hechos. Incluso ya no importan los indicios razonables. Es más directo. Todo estará a la vista, minuto a minuto. Ni hará falta los laboratorios, los técnicos … Un ahorro, amigo mío. El problema inmediato residirá en donde nos meteremos todos si amnistían por falta de pruebas a los ya condenados y los compensan con regresar a la plantilla, como piden. No vamos a tener espacio. Oye, Arcadio, a mi no me pillan. De momento sigo feliz sin esa porquería y como sabes no tengo familia por la que preocuparme. Mis errores nunca serán conocidos.
--Tú crees que eso es posible?-pregunta don Arcadio.
-Lo será, Arcadio amigo, lo será. Cada vez afinan más. La tecnología logrará "emplumar" a la inmensa mayoría. Será difícil encontrar a alguien totalmente limpio.
Eu escoitaba aquela charla entre os dous vellos amigos con grande interese. Non sabía nada do que falaban e seguín prestando atención.
--Ya es cosa hecha -dicía don Pascasio, quen parecía o máis decatado-Los altos estamentos religiosos estan a punto de confirmarlo. Ya se han cargado la fase intermedia del procedimiento, el purgatorio, como si fuese un campo de acogida y en breve vaciarán el campo de concentración del infierno porque, a día de hoy, todos los que están allí parece que están condenados sin pruebas. Pero a partir de ahora ese aparato al que llaman "esmarfone" todo lo meterá en la nube, y la nube ya sabes de quien es. Ese aparato permitirá castigar con rigurosidad y legalidad.
Non quixen escoitar máis. Levanteime de súpeto, subín no coche que tiña aparcado nas proximidades da Casa do Concello e corrín coma nunca ata chegar á ponte. Abafado, apoiei na varanda, collín o meu teléfono móbil e mandeino as augas de Rande esperando que as cámaras de vixilancia non estiveran prendidas.
Carlos Regojo Solla.