Roberto C. Agís Balboa
O Portonovo do futuro
Portonovo, vila mariñeira do concello de Sanxenxo. Nos seus orixes, según os entendidos, seica comezou na zona da Adina. Logo, co paso do tempo, a xente foi baixando hacia o mar cando comezaron a descubrir e a dedicarse ás artes mariñeiras, a pesca da sardiña, a chegada do salazón, o xeito, as traíñas… Para resumir, Portonovo medrou e acabou converténdose no que é hoxe, o centro da vida na parroquia da Adina. Fai tempo, este porto era bastante importante, agora tamén, pero digamos que no pasado o movemento de peixe pola súa lonxa era moito maior, a xente comendo raia as 24h do día, o movemento era constante. A competencia con outros portos, as novas tecnoloxías… ó final, todo evoluciona e cambia.
O seu porto foi medrando ata o que é hoxe. Está o muelle do Chasco e logo o porto donde están os pesqueiros e os barcos que van as illas de Ons, etc. Temos a Lonxa, as dornas antigas, os novos pantaláns flotantes…e todo pegadiño a zoa de viños de Portonovo e a rúa de entrada, toda chea de restaurantes e outros negocios. Hai un parking na zona do porto que se queda pequeno no verán. Os bancos, as tendas, e outros negocios movéronse cara onde está o novo centro administrativo da vila, pegadiño o actual mercado. Isto, e que a marcha de fai uns anos tamén morreu, fixo que Portonovo se tivese que reinventar. Agora, a súa zoa de viños ten varios locais de copas, e moitas tabernas e restaurantes… para min unha gran zona para ir de viños, tapeo, comer e cear ben, tomarse unhas copas... O traballo dos veciños/as, asociacións, empresarios… desta vila é constante, intentando que non só no verán senón ó longo do ano, o centro urbano teña xente, os negocios funcionen, e a vila teña vida.
Moitos dirán que Sanxenxo (Sangenjo para algúns) ten máis vida e que o porto é mellor e máis moderno, con moita festa (a veces en exceso), etc. Sen embargo, Portonovo conserva ainda a esencia dun pobo mariñeiro auténtico e iso Sanxenxo, dende o meu punto de vista, xa o perdeu fai tempo. O porto de Sanxenxo é máis para a galería, pensado para o turismo. E ahí clavouno, aínda que é moi mellorable. Quedan resquicios daquel Sanxenxo con moitos pazos, arboredas, poucos edificios… Agora é unha selva de asfalto, con moito turismo, a veces masificado, pero sexa o que sexa, a "marca Sanxenxo" vende moito, e isto non só beneficia ó centro sanxenxino senón tamén a todalas parroquias do concello e incluso a todalas Rías Baixas. Sen embargo, isto non quita que as outras parroquias non merezan tamén inversións e que sigan evolucionando cara a mellor. Non só existe Silgar e o Porto Deportivo neste mundo. Podo corroborar que hai vida tamén despois da Punta do Vicaño ou da Carabuxeira…
Portonovo, sendo a vila máis pobrada do concello, está nese punto que mantén a esencia e o mesmo tempo trata de evolucionar, coma nun cruce de camiños, nun punto de inflexión, quedar como está, ir cara o Portonovo do futuro, o sen saber onde ir… Hai uns días presentouse un proxecto sobre a reordenación do Porto e a beiramar de Portonovo, pois as eleccións anda cerca. A verdade, e sendo sincero, non está nada mal. Seguro se lle poderán modificar algunas cousiñas, pero o cambio de Portonovo sería total comparado co de agora: máis zoas verdes, parques, aparcamentos, zoas de paseo, maiores aceras… en pleno centro. Un porto máis moderno e máis grande, integrado no espazo urbano, coa natureza e coa alma de Portonovo, o mar e súa xente. Isto, unido a construcción da senda que irá pola costa dende a praia de Canelas ata este porto… sen dúbida, porían de volta a Portonovo no mapa, pero no máis alto. Agora só falta xestión para que se leve a cabo, bueno, e uns 20 millóns de euros (cofinanciados con outras administración públicas) e 6-8 anos para facelo. Para rematar, unhas preguntas: que pensan os veciños de Portonovo e do concello sobre isto? este proxecto é un soño, fume, ou farase realidade?... o tempo dirá. O que está claro é que o futuro está por vir, pero non sabemos por dónde nin cando chegará, nin da man de quen virá…