Juan José Esperón
Nadal
Achéganse os días das comidas e ceas de empresa, as dos compañeiros de colexio e instituto, as dos grupos de Wasap, as de familia…..todo xunto aderezado cos agasallos de Reis, Papá Noel, Amigo Invisible…..
Cando era un neno e chegaban as datas do Nadal poñiame de mala milk, o motivo era que non podía comer o bocadillo de chourizo, iba a catequesis e decíanme que nos primeiros tempos a Igrexa era contraria á celebración gastronómica que ten lugar nestas datas señaladas do Nadal, había que absterse de comer carne, ainda que cos tempos de miseria que corrían poucos veciños tiñan a posibilidade de comela, polo menos na miña época de nenez era o que eu notaba no meu entorno máis achegado, tanto familiares coma veciños, así que fora por un motivo ou por outro, de comer chourizo tiña que olvidarme, ainda que teño que confesar que as agachadas algún pecado cometin e o chourizo papei.
Corrían os anos sesenta, uns anos en que a alimentación da maioría de nós estaba formada por cereais, patacas e legumbres, en xeral pouco ou nada se comía en canto a verduras, froitas ou peixe, e cando se aumentou a produción das hortalizas, a froita ou a do aceite de oliva, por poñer un exemplo, priorizouse a súa exportación, así que ata os anos oitenta non se puido en xeral gozar destes alimentos como era conveniente e necesario.
O exemplo do aceite de oliva aínda o temos moi presente, a súa alta produción nos anos oitenta fixo que entrasen moitas divisas, a cambio tiñámonos que conformar cos aceites de soja e de girasol, mentras nos medios informativos nos decían que o aceite de oliva era dañino.
Pois como non se podía comer carne, estábamos en vixilia, filloxe costume comer peixe, así que se puxo de moda o bacallao, o motivo era que como estaba salgado e curadiño podía chegar a calquer recuncho do país por mui lexos que estivera do mar. Na miña casa e na dos veciños esas datas bótavase a casa pola fiestra, daquela coma tiñamos ultramarinos na taberna facíase un gran pedido dos productos típicos a Ultramarinos Moldes, con almacen situado na Parda, cerca de donde están hoxe en día os xuzgados .
As estanterías quedaban repletas, encargabame eu de colocar todas aquelas bebidas e productos de alimentación que durante o ano non se mercaban asiduamente, quedaba un escaparate do máis fermoso, todo adornado con cintas e bolas de Nadal.
Os coñacs Fundador, 501,Soberano, Terry e o Ponche Cuesta eran os preferidos, algúns tamén eran de levar a Xenebra Focking ou a Larios, de paso tamén collían uns rollos do “suave papel” Elefante …
E entre os coñacs , xenebras e sidras tamén tiñan o seu sitio o Cola Cao, as galletas María, o chocolate Chaparro, as gaseosas La Pitusa, La Casera ou Revoltosa, e unha gran variedade de polvorons, figos, uvas pasas ou os arenques que viñan perfectamente apilados naquela caixa de madeira, recordo que miraba con asombro como era costume polas mañás que moitos dos clientes almorzaban cun par deles e unha copa de sol e sombra …
Logo de ter todo colocado nas estanterías era o momento de preparar un pequeno paquete de agasallo para aqueles mellores clientes da taberna, a miña nai con todo agarimo preparaba a súa demostración de gratitud a todos aqueles que eran asiduos todo o ano, non facía distincións, todos levaban o mesmo, a botella de champán, unha tableta de turrón, figos ,uvas pasas e noces.
Todo iso envolvíase nas follas do xornal e atábase cun cordel, o importante era o agarimo con que ía ese agasallo, non a súa presentación.
Cuando chegaba o día, a miña avóa e miña nai eran as que organizaban a cea, chegada a noite facían o bacallao cocido con coliflor e uns ovos cocidos, todo regado con aceite en crú, bueno tamén meu pai tiña a manía de botarlle azucre o bacallao, confeso que eu tamén o facía, son cousas que se heredan….
Hai quen tamén en vez de bacallao era máis de ollomol o forno, pero o menú máis tradicional en toda Galicia era o bacallao, acompañado con viño da casa é un Fis-Fas para o pequeno da casa, e de postre os amendoados, as torradas borrachas, os figos e as uvas pasas, tamén por soposto o turrón, o duro de roer, o que había que tronzar con martelo , había que vernos comer aquel turrón El Lobo, jasusdiormio non dabas terminado de roer o cacho que che tocaba…todo regado coa mellor sidra do mundo mundial “El Gaitero”.
Antes do bacallao non faltaba un pouquiño de marisco, daquela ao alcance da man, ademais a súa presenza nestas datas seguramente debémoslla á Igrexa, ao prohibir a carne, os máis vellos aínda seguro que recordan como polos anos 50 ninguén quería o marisco e nas zonas de costa usábase para abonar as leiras, como cambiou o conto….
Recordo que había a costume de cando se acababa de cear, a mesa non se recollía, deixaban as bandexas coas sobras, eu pensaba que miña avóa e miña nai estaban cansas de tanta faena e que xa recollerían o día seguinte. Anos mais tarde supen que o motivo era que se tiña por costume deixalas para que ceasen os difuntos da casa……
Vén este recordo e comentario sobre a alimentación daqueles anos en relación ás próximas festas navideñas e a súa evolución, baixo o meu punto de vista unha evolución que nunca me convenceu, unha evolución en xeral que non nos leva a bo porto.
Recordemos uns datos :
* Nos anos 50, o empobrecimiento da sociedade facía primar o ambiente e a celebración sobre o obsequio material.
* Nos anos 60 e 70 só había unha festa con agasallos, a noite de reis, que apenas chegaba aos maiores da casa.
* Nos 80 iníciase a mercantilización dos Nadais.
* Na década dos 90 duplícanse as festas con agasallos, aos Reis sumase Papa Noel.
A situación coñecémola todos, non somos felices co que temos, cada vez queremos máis, e iso xera un cambio profundo no consumo.
Así é que empezamos a buscar a felicidade nas grandes comidas, coa combinación de bebidas alcohólicas e graxas, Nadal tras Nadal fóronse asociando e cada ano superando, e ahí seguimos…..