A socialdemocracia é, ou deberiamos dicir foi unha doutrina e movemento político de tendencia socialista xurdida en Europa a finais do seculo XIX e principios do XX, que se ben ten súa raíz no marxismo clásico, presentábase como unha proposta teórica e práctica moderada
É dicir, para os socialdemócratas a transición da sociedade capitalista ao socialismo, deberíase facer a traveso de medios pacíficos, (reformas gradúais dentro do sistema), e non de medidas violentas, como unha revolución que leve a destrución do capitalismo como modo de produción.
O Partido Obrero Socialdemócrata Alemán (1869), foi o abanderado desta ideoloxía.
Pero foi en Suecia onde a socialdemocracia alcanzou os maiores logros sociais, facendo do país nórdico unha das sociedades máis xustas, avanzadas, abertas e admiradas do mundo, benestar e xustiza social da man do: Sveriges Socialdemokratiska Arbetareparti, SAP, fundado en 1889 por August Palm un xastre radical do sur do país.
August Palm era radical polas súas formulacións políticas, non polos traxes que confeccionaba.
E non ó tiveron fácil, entre 1875 e 1930 2/5 dos suecos víronse obrigados a emigrar, debido as pésimas condicións de vida, debidas entre outras causas a unha serie de sucesivas malas colleitas.
Os seus países de destino, foron principalmente Dinamarca, onde os suecos eran vistos por riba do ombreiro, e tratados como esclavos (véase a película Pelle el Conquistador), dirixida polo realizador danés Bille August e interpretada polo sueco Max von Sidow, que narra as desventuras dun inmigrante sueco que co seu fillo, escapan da fame en Suecia para vivir o desprezo e a ignominia dos viciños ricos do sur. Outros moitos, íanse ós Estados Unidos, concretamente 1.300.000 suecoscruzaron o Atlántico, así cara ó 1920 a segunda cidade de Suecia por número de habitantes, pasou de ser Goteborg a Chicago. Lémbremos, que a día de hoxe, Suecia non chega ós 10 millóns de habitantes.
E como cheguei eu a saber e admirar ao país nórdico. Coido que foi unha mistura de inquedanza, inconformidade, curiosidade e casualidade.
En cuarto de E.G.B, eu contaba 10 anos, era lector diario de El País, e xa tiña conciencia social, ía ó Colexio Nacional Álvarez Limeses, e a profesora de relixión, Ana Martínez era membro do Opus Dei.
Nas súas clases, a míudo facía referencia a Suecia como o país onde había máis embarazos entre adolescentes, máis abortos e máis suicidios.
A continua referencia dunha numeraria do Opus, a destruturada sociedade sueca, espertou en min a necesidade de sabela verdade. Pregunteille ó meu pai.
El doume un libro para que ó lera, o libro titulábase "Suecia, infierno y paraíso", seu autor era o italiano Enrico Altavilla.
Lin o libro, e ademais de desmontalas estatísticas de Ana Martinez, descubrín a realidade de unha sociedade xusta e solidaria, onde un home podía chegar a ser denunciado se se lle ocorría defraudar a facenda, pola súa muller.
Así que cando o 28 de outubro de 1982, o PSOE de Felipe González delfín político do Primeiro Ministro sueco Olof Palme, gañou as eleccións, eu que era moito máis cándido, crin que unha Suecia no sur de Europa era posible.
Teño que dicir no meu descargo, que aínda que me chegaran os papeis para votar, decidín non facelo, non sei se porque non me correspondía, cumpría 18 anos en febreiro do 83, quería ser máis sueco que os suecos, ou polo que lin nun libro que mercara cando comecei a crer en Isidoro e escrito por A. Guerra, "Del Suresnes a la Moncloa", que explicaba como o dúo sevillano chegou a dirixilo PSOE.
Suresnes é unha localidade próxima a París, onde se celebrou o XIII Congreso do PSOE, e onde o partido renunciou a calquera vínculo co marxismo… de aquí oo "OTAN de entrada SI"… ou "non importa que o gato sexa negro ou branco, o importante é que cace ratos", coido que non deixaría nunca de laiarme de haber votado ese 28 de outubro de 1982.
Máis tarde foi Tony Blair coa "Tercera Vía", co apoio vergonzoso a dous "liberais" de dereitas, formaron un trío que decidiu invadir Irak, en contra do criterio da ONU, e do que é peor, en contra da opinión maioritaria dos seus cidadáns.
A río revolto ganancia de pescadores, e así un partido de dereitas, chámase Partido Socialdemócrata Portugués.
Ten futuro a Socialdemocracia, nunhas sociedades no que o papel dos estados e cada vez menor, onde sectores estratéxicos como o dos hidrocarburos, o enerxético, e cada vez máis a sanidade e a educación están en mans privadas e en réxime de oligopolio.
Ten sentido a socialdemocracia nun mundo, onde as grandes empresas producen no terceiro mundo, e venden sin aranceís a prezo do primeiro, deslocalización.
Merece a socialdemocracia o respecto e o apoio dos cidadáns que deberían constitúir a súa forza electoral, que son as traballadoras e traballadores, que levan tempo sufrindo, non so salarios cada vez máis baixos, senón e o que é peor a perda dos seus dereitos e o dos seus fillos, a mans moitas veces de gobernos que se fan chamar socialdemócratas.
Moito me temo que a Socialdemocracia non ten futuro, grazas a falsos profetas que igual foron demócratas mais nunca foro sociais, con Felipe González e Tony Blair como abandeirados.