Tribuna Viva
Carta dos Reis Magos aos nenos e nenas de Marín
Querida rapazada de Marín. Xa comenzamos a recibir as vosas cartas, moitas gracias polos debuxos, encántannos!!!!. Imos pedirvos unha cousa, que coidedes as faltas de ortografía...., xa estamos preparando o Slime, Monopoli, bicicletas, Maxia Borrás, roupa, tecnoloxía, bonecas.... gustanos moito que pidades xoguetes solidarios ... e por suposto, moita forza a Mateo!!!!!.
Tamén moito ánimo para eses pais e nais que buscan traballo, e nos tamén desexamos que todos sexades felices...
Algún neno hai que parece que este ano portouse regular, pelexando cos seus irmáns, no colexio son algo revoltosos.... tedes que obedecer os vosos pais!!!. Imos meter un saco de carbón para algún.....
O día 5 esperamos vervos a todos, pola mañá enviaremos o noso paxe de máis confianza a partir das 12, que visitará o centro da terceira idade sobre as 13:00h, e as 13:30h o comedor social, e logo voltarán á Alameda de Marín para desfrutar con nenos e nenas, na festa infantil. E xa pola tarde primeiro iremos a Ardán as 16:30h e logo verémonos na gran cabalgata de reis co percorrido habitual polo centro de Marín, para rematar coma sempre no Belen Vivinte, que prepara a Asociación os da Caña, onde o rematar poderedes sacaros unha foto con nos!!!!.
Sodes varios os que nos preguntades como podemos facer chegar os regalos a mesma noite, tal e como explicamos na web www.losreyesmagosexisten.com, somos a mellor empresa de loxistica que existe no mundo, con delegacións en todos os paises!, e detrás hai moito traballo e moita axuda, pero o final facémolo!!!