Antón Roel Villanueva
Roberto Fernández, libreiro. Na nosa memoria
Fóisenos Roberto da Librería El Pueblo, compañeiro da alma, compañeiro dos bos e xenerosos.
Déixanos orfos neste mes de xaneiro, cando os montes cóbrense de branco cos flocos de neve onde só os acivros póñenlle cor. Que frío no corpo e tristeza na alma.
Imos despedirlle en silencio entre árbores e leiras xeadas revivindo no fardel da memoria todos os momentos que pasamos xunto a un amigo dos que, como dicía Bertolt Brecht, son os imprescindibles.
É moi difícil esquecer ás persoas que teñen luz propia porque aluman e ti es unha delas.
Sempre tiven envexa das persoas que gozan co traballo e ti gozabas na libraría vendendo libros para regalar cultura que debe ser o máis bonito porque ti sempre o facías cun sorriso.
Igual que a min gústache dar longas camiñadas e sempre nos atopabamos nas andainas, á min gústame ir moi pegado ao río e ti sempre estabas preocupado de que non me caese.
Compañeiro comprometido en todas as loitas, nacionalista de corazón, loitador, sempre traballando arreo a favor do teu país.
Bágoas de tristeza caen polas meixelas cando lembramos que xa non vas estar ao noso lado nas loitas que aínda temos pendentes.
Agora quedamos máis tristes e xa só quédanos a memoria dos bos tempos que pasamos na túa compañía, coa túa tenrura e o teu sorriso.
Botarémosche moito de menos compañeiro da alma.
Ata sempre amigo.
Antón Roel Villanueva