Alexandre Alberte Moreira
Europeo, non grazas
Din que a Democracia naceu en Europa, en Grecia para ser máis precisos.
De Europa tamén saíu Cristobal Colón (galego probablemente como Franco, Fraga e Rajoy), subvencionado por uns moi Católicos Reis, chegou a La Española un 12 de Outubro de 1492, e aínda que ignoraba onde se atopaba, como o presidente en funcións, foi Américo Vespucio quen se decatou máis tarde que aquelas terras no eran a terra das especias La India, a él débelle América seu nome.
Os primeiros en caer, vitimas, xa fora das armas dos conquistadores ou das enfermidades como principalmente a virela, ó sarampelo, a difteria, o cólera, a gonorrea ou a sífilis, foron os taínos, que eran os habitantes das illas do Caribe, calcúlase que o 95% dos taínos foron aniquilados polos españois (europeos).
*Se tendes curiosidade, buscade pintura taína en internet, eu a vin en Illa Catalina na República Dominicana, é estilo naif coas cores do Caribe, pura delicia para os sentidos.
Apuntamentos:
Los taínos nunca fueron una civilización comparable en desarrollo a otras culturas como la maya, azteca o inca, pero poseían un nivel cultural muy superior al de los restantes aborígenes antillanos. Eran artistas en la pintura corporal, practicaban la poesía y la danza ritual, además del juego de pelota.
Colón descubrió al indio como simple prolongación de la naturaleza. En ese sentido, fue el primer “etnólogo” que recurrió a la idea de los “pueblos naturales“. Sin embargo, no fue hasta su segundo viaje, como revela su diario, cuando comenzó a tomar conciencia de las posibilidades que traía la existencia de aquellos seres humanos a los que había bautizado como indios. En el segundo viaje, Colón ya no estaba poseído por el espíritu místico que le acompañó durante el primero. Las Indias ya estaban descubiertas y Colón mismo se había transformado en un hombre práctico -la palabra “oro” se repite hasta la saciedad, más aún que la palabra “Dios“, como observó agudamente Sanz. En ese segundo viaje, Colón iba acompañado además por tres personajes que eran símbolos anticipativos del futuro proceso de “conquista“: un militar, un sacerdote, y un comerciante – la guerra, la evangelización y las ganancias materiales. Cada uno de estos personajes, en su respectiva dimensión, sería al igual que Colón, “un descubridor“. Esto quiere decir, que cada uno de ellos inventaría un indio propio, de acuerdo a sus fantasías, proyectos e intereses.
Para los pueblos indígenas del Caribe – como para el resto de América – la religión es, entre otras cosas, la sistematización de múltiples experiencias históricas que deben ser comunicadas y memorizadas a lo largo de generaciones. A través de sus narraciones cosmogónicas los pueblos indígenas se comunican con su pasado. Para el europeo en cambio, por lo menos para el europeo que llegó a América, la religión era una ideología.
Posteriormente un europeo de Medellín en Extremadura, pasou polas armas dúas culturas moito máis avanzadas que a nosa, a Maia e a Azteca, mentres outro europeo natural de Trujillo (Cáceres), reducía a cinzas o Imperio Inca, chamábase Francisco Pizarro.
Aínda hoxe pagan as consecuencias da desnaturalización, da ignominia, do cambeo de cultivos, a cana de azucre para endozar os paladares europeos, substituíron os cultivos tradicionais de subsistencia.
En 1554, con tan só 22 años John Hawkins, cabaleiro británico, sobriño de Sir Francis Drake, ao servizo da súa Maxestade Isabel I, comezou a traficar con escravos, procedentes nesta primeira viaxe de Sierra Leona. Era Europeo coma nós.
En 1620 un barco chamado Mayflowers, procedente de Playmouth en Inglaterra (Europa), arribaba a Massachusetts na costa este dos Estados Unidos, en el viaxaban 100 colonos protestantes (peregrinos chamábanse entón), a pesar de que sobreviviron ao inverno grazas a sabedoría e protección indíxenas, foron a avanzádella o xermolo do que se chamou La Conquista Del Oeste, que non foi outra cousa que o exterminio das Nacións Indias, Cheyenes, Navajos, Apaches, Mascaleros, Kiowas, Pies Negros, Pieles Rojas, Mohicanos e moitas outras.
Haití colonizada por europeos franceses no século XVII, foi o primeiro país en abolir a escravitude en 1804, ano tamén da súa independencia. Haití é un dos países máis probes do mundo
En 1852 en Manchester (Europa) nace o capitalismo, tal e como o coñecemos hoxe en día, traballan tanto nenos coma mulleres embarazadas.
A mediados do século XIX, o Imperialismo Inglés (europeo), en nome da liberdade de comercio, provocan La Guerra del Opio, acaban coa producción téxtil de La India e arruínan a industria das telas e da seda, de Bangladesh, moito máis avanzada tanto en calidade como en deseño, que a que se producía en Europa. Segundo contaron viaxeiros europeos da época, o arroz era “abundancia”, hoxe Bangladesh é un país pobre de solemnidade, mais as empresas europeas confeccionan alí, as roupas que nos europeos vestimos, das condicións de traballo fala a noticia, de non hai tanto tempo: “Aumentan a 610 los muertos por el derrumbe de un “complejo” textil en Bangladesh”.
En 1874 Paraguai, é a primeira nación de América do Sur que queda libre de analfabetos, o goberno nacionaliza a industria, e constrúen o primeiro ferrocarril de Sudamérica. Inglaterra (Europa), ciumosa de que o exemplo podera estenderse, provoca unha guerra de Arxentina, Brasil e Uruguai, contra Paraguai, morren un terzo dos homes paraguaios e arrebátanlle dúas quintas partes do seu territorio, coñócese como a A Triple Alianza.
En canto ao continente máis pobre, ou sexa África, os europeos repártena da seguinte maneira, por orde alfabético: os Alemáns ocupan Namibia, Kenia e Tanzania, Camerún e Togo; os Británicos Rhodesia actual Zimbabwue, Sudáfrica (onde constrúiron os primeiros campos de concentración), Exipto, Sudán, Nixeria, Costa de Marfil e parte de Somalia; España o Sahara e Guinea Ecuatorial; Francia colonizou Arxelia, Marrocos, Malí (no século XVI en Tombuctú existía unha universidade con 25000 alumnos), Alto Volta (actual Burkina Fasso), Senegal, Mauritania, Chad, a República do Congo, Madagascar; Italia ocupou Libia, Somalia e Eritrea; Leopoldo II de Bélxica, a República Democrática do Congo, que gobernaba como seu patio traseiro, (hoxe servímonos do coltan que extraen os congoleños co sangue das súas vidas); xa por último nosos veciños europeos os portugueses, Guinea Bissau, Mozambique e Angola. Non nos debemos esquecer os Boer Holandeses en Sudáfrica.
En 1914 os Alemáns ávidos de poder, comezan a Primeira Guerra Mundial, pouco despois de rematar a República de Weimar que durou dende o fin da Primeira Gran Guerra, no 1917 ata o ano 1933, un Pequeno Home de orixe austríaco, Adolf de nome e Hitler de apelido, comeza, a que ata o momento é a máis horrible guerra que as mulleres e os homes han coñecido.
Mentres tanto outro Pequeno Home, de nome Francisco e Franco de apelido, cortaba dunha machetada, a esperanza duns europeos do sur, que pasaron a ser norteafricanos co beneplácito das potencias da época Inglaterra e Estados unidos.
E como ingleses que foron os estadounidenses, vou relatar de memoria algúns dos fitos gloriosos distes fillos da Gran Bretaña, de Europa quería dicir.
A que din foi a primeira derrota da maquinaría bélica máis poderosa do mundo, o exercito dos Estados Unidos de América, foi a Guerra de Vietnam, que enfrontou a Vietnam do Sur co apoio dos Estados Unidos contra Vietnam do Norte entre 1959 e 1975.
É curioso que gañaran a guerra os que puxeron os mortos, máis dun millón de mortos vietnamitas contra apenas cincuenta mil mortos estadounidenses. Vietnam gañou a guerra porque os americanos cansáronse de matalos.
En 1973, o Xeneral chileno “San Augusto Pinochet”, derrocou o goberno lexítimo de Salvador Allende, as receitas económicas foron ditadas pola escola de Chicago, mentres as estudantes eran sometidas a crueles torturas, coma a introdución de ferros incandescentes na vaxina. Os estudantes corrían mellor sorte, eran transportados a alta mar en helicópteros e arroxados desde eles.
A Ditadura de Videla en Arxentina, de Fulgencio Batista en Cuba, de Anastasio Somoza en Nicaragua... etc. etc. etc.
En 1991 o famoso trío das Azores, invaden Irak, coa escusa da invasión de Kuwait, o que non nos contaron e que Kuwait pertenceu ata 1913 a provincia Iraqui de Bassora, ata que un acordo anglo-otomano decideu convertelo en País.
Irak era o país máis occidentalizado da rexión, e coido que iso foi a súa perdición, como algo máis dun século antes pasara con Paraguai.
No 2011 tocoulle a quenda a Siria, lémbrome coma se fora hoxe, que nunha viaxe das que organizaba o Corte Inglés a este país Mediterraneo, Silvia viñera alucinada da súa calidade de vida, coido que iso foi o que os matou e os segue a matar.
Case ao mesmo tempo caía Muamar El Gadafi, coio maior pecado seguramente foi que controlaba o seu petróleo, Libia era o segundo país de África en esperanza de vida e en renda per cápita, tiña excelentes universidades e modernos hospitais... e digo ben tiñan...
E aínda teño que estar contento por ser Europeo... ¡EUROPEO NON GRAZAS!