Alexandre Alberte Moreira
A miña viaxe con Charlie Chaplin, Buster Keaton e Laurel e Hardy
Cando eu estudaba na Coruña, un venres, cada dúas semanas collía o Castromil para vir a Pontevedra.
Sempre me sentaba no lado dereito, no sentido da marcha, orientado o oeste, na cuarta ou quinta fila de asentos, xa que ademais dunha paisaxe, que eu atopaba máis agradábel, permitíame sentilo calor do derradeiro sol da tardiña, case sempre collía o bus das 18.00 ou 19.00 horas segundo fora inverno ou verán...
Era venres 1 de Xuño de 1.993, facía carenta e cinco minutos que saíramos da Coruña, ía sentado no asento número 17, e estábamos entrando en Santiago, eu desfrutaba cos derradeiros raios do sol da tardiña, e coa lectura de "La Estación del Caos", do escritor Nixeriano, e Premio Nobel de Literatura Wole Soyinka, regalo de Felipe, e que ainda hoxe continúa a ser un dos meus libros favoritos.
Chegamos a Estación de Santiago as 18.53, horas, non subira moita xente o "Álvaro Cunqueiro" que así se alcumaba o "Castromil", era xuño e o curso remataba, coido que estarían ocupados a mitade dos asentos, unhas trinta e cinco persoas...
As 19.00 horas, o bus comezou a dar marcha atrás na dársena, cando vin como se viña cara a nos un home pequeno, con boina, un pequeno bastón e unha enorme bolsa chea ata arriba de laranxas, eu e unha rapaza que estaba sentada xusto detrás, no número 21..., avisamos o condutor..., os dous rímonos...
O condutor abriu a porta, e o home subiu non sen dificultades, pídeu un billete para Carracedo..., e dounos as grazas a todos..., consciente de que fóramos @s causantes de que non perdera o bus..
Era un home simpático, coincidiu a marcha atrás do bus..., co paso adiante do novo pasaxeiro na procura do seu asento na parte posterior, o home trastallouse, e seis ou sete laranxas saíron pola lei da inercia e a esfericidade dos cítricos, rodando polo pasillo cara o condutor..., dúas persoas coios asentos daban o pasillo, recolléronas...
O bus xa saira da dársena, cando de súpeto, alguén as miñas costas exclamou, ¡OSTIA...!, xirei a cabeza, e vin como o "novo pasaxeiro", saia do asento 56, no 57 descansaba a bolsa de laranxas..., unha vez no pasillo, colocouse fronte do seu asento, e berrou: ¡ESTE ASENTO ESTÁ MOLLADO...!, pasou os dedos índice e anular polo asento, levounos o náriz, e dixo: ¡OSTIA É MEXO..., TOCOUME A LOTARÍA DOS CEJOS...!, sacou un pano branco do bolsillo..., extendeuno no asento, e voltou a sentarse...
A viaxe continuou con todos nos mortos da risa..., en Carracedo baixaronse a vez, Charlie Chaplin, Buster Keaton, e Laurel e Hardy..., cunha bolsa de laranxas...
"Coido que aquela tarde de Xuño do 93, molláronse algúns asentos máis, ademáis do 56 do "ÁLVARO CUNQUEIRO...", ¡ó 17 entre eles...l.