Do que escoitaba polo transistor o que máis me agradaba era cando salían as cancions dedicadas dos noivos ou dos homes casados que estaban facendo a mili ou traballando lexos das súas casas por haber emigrado a Suiza ou a Francia, cando era a hora do cafe todos esperábamos en silenzo por si algún veciño da parroquia dedicaba algunha ese día, a veces escoitabas a locutora decir " dedicamos la canción del emigrante a Josefa de San Vicente de Cerponzones, con todo cariño y recordándola todos los días, de quién ella sabe ", é todos quedábamos intrigados de quen sería ese mozo que lle andaba rondando jajaja.
Pero mentras non estaba a comida, na eira seguíamos o meu avó, o meu pai e máis eu rematando a faena da mañá, eran días de ir buscar " toxo" e facía pouco que chegaramos da cachada que tiñamos ao pasar o Chan do Monte, necesitabamos varios carros para estrumar as cortes das vacas e dos porcos, o primeiro que fixo o meu pai ao chegar a casa foi baleirar o carro e meter as vacas na corte. Aínda que isto que conto seguro que non é novo para a maioría de vós, era unha escena que se repetía en todas as casas.
Aproveitamos normalmente o sábado de ir buscar o toxo porque era cando estaba tamén en casa o meu avó Jesus, o seu traballo no tranvía de Vigo obrigáballe a estar toda a semana na cidade olivica.
Cando nos sentamos á mesa meu pai comezou a falar sobre unha das vacas que tiñamos na nosa casa, preocupáballe que cada día daba menos leite e decidiu pedir opinión e axuda para buscar algunha solución, miña avóa Ramona dixolle a meu pai de que ela xa levaba tempo decindo que a vaca non estaba ben, que algo lle habían feito, que xa llo daba o corpo, ela tiñalle muito cariño os animáis e sufría velos enfermos.
Tranquila, ao regreso da cachada pasarei pola casa de Manuela, haber que me dice.
Era xa de noitiña cando despois das faenas da tarde colleu camiño a casa da señora Manuela , a que tiña a pedra da pezoña e que cando nos picaba algún bicho acudiamos a ela para que nos sanase.
A señora Manuela conservaba unha pequena pedra milagrosa de supostas propiedades curativas, que se utilizaba exclusivamente para sanar as picaduras de reptiles, de animais que causan ponzoña, como sapos, salamandras, víboras e tamén arañas.
A orixe da pedra para min é descoñecido, " a pedra da pezoña", é unha especie de amuleto sanador, que se transmite en algunhas familias de xeración en xeración. Recordo de ver vir xente de moitos lados a que lle puxesen a pedra , "a pedra poñíaselle a todo ou mundo que viña buscando remedio ou seu mal e non cobrábase nada, pero a pedra non saía dá casa, non se lle prestaba a ninguén", isto téñoo eu escoitado na taberna.Supoño que esa pedra viría herdada dos seus pais,como normalmente sucedía noutras parroquias que tamén algún veciño ou veciña tiñan en depósito dos seus antepasados.
Normalmente o uso da pedra era moi sinxelo, cando ía unha persoa cunha picadura, mollábase a pedra en saliva e colocábaselle no lugar onde lle picara o animal, onde estaba localizada a inflamación.A persoa que lle colocaba a pedra dependendo o hinchazón, deixáballe colocada a pedra unha media hora e repetíase según a necesidade.
Según as persoas que teñen a pedra comentaban que si a picadura era de pezoña, a pedra ao contacto coa pel quedábase pegada e non se caía, así dese xeito a inflamación acababa cedendo.Hoxe en día si temos algunha picadura acudimos ao medico ou á farmacia para que nos receten unha crema , o longo dos anos foise perdendo acudir aos servizos curativos da pedra como antiguamente adoitábase facer.
Chamou por Manuela, non sin antes levar un susto que lle meteu o can que gardaba a casa é que de súbito apareceu encima do mallón , meu pai esperou un pouco e cando chegou o seu carón comentoulle a Manuela que unha das nosas vacas levaba un tempo que cada día daba menos leite, quería que lle dixera un remedio que lle fora bo para curala, seica era habitual nas vacas neses casos para que tivesen leite poñerlle colgados uns amuletos denominados leituarios é Manuela seguro que sabía darlle algún remedio de esos.
Dependendo de cada lugar da nosa Galicia os amuletos podían ser diferentes, na súa composición ou tamaño, material etc., ao meu pai díxolle a señora Manuela que nunha pequena bolsa introducise sal, allo é algo máis que xa non recordo ben.Así o fixo o día seguinte , puxollo como si fose un colgante, atada a bolsiña o redor da cabeza, e o cabo de un tempo a vaca comenzou a dar leite como antes.
Antiguamente ás vacas e porcos, animais que habitualmente tiñamos case todos os veciños nas nosas casas, cando tiñan algún problema envolvíaselles con amuletos, as nosas casas estaban cheas de escapularios, auga bendita e demais prácticas convidas, é outras veces acudíamos a algún veciño que podía ter algún amuleto axeitado según a necesidade, éste foi o caso de ir a pedir axuda a da Manuela.
Non todas as vacas eran provistas de amuletos, por unha banda poñianse tan só aquelas que daban leite que o mellor estaban expostas á envexa das bruxas ou aquelas outras que non daban leite, quizáis xa embruxadas por alguén