Xesús López Fernández
ÿ señor Arias Cañete
Aínda non conseguín leé-lo novo texto da Lei de Costas, como se aínda non fose presentada en sociedade. E sorpréndenme as declaraciós de moitas xentes dos diversos partidos, como se a mesma estivese feita dende a senrazón, a incuria de tentar consolidare o que por definición do que é dominio público marítimo terrestre non pode ser consolidado. Dí vostede que a nova lei vai outorgare unha maior seguridade xurídica que a lei 22/1988, que algús definen como unha magnífica lei, posiblemente a mellor das europeas en materia medioambiental. Pero, ¿qué ten pasado, señor ministro?. Pois o que ten pasado é que moita da xente que está a pastare na política non quixo demanda-lo comprimento desa lei, do que sabemos moito en Pontevedra, onde tiñamos unha ría case-entrópica, espacio sensible, que desta volta está hipercontaminada como consecuencia das actuaciós políticas, das presuntas tramas existentes.
Digamos que, por desgracia, somos os cidadáns os que estamos máis preocupados pola observancia das leis que os propios mandiños locales dos diversos partidos, que mesmo pensan que poden deseñar novos litorales, cambia-la dinámica das mareas, deseca-lo espacio intermareal do fondo da ría no que radicaban as verdadeiras depuradoras biolóxicas da mesma. E así foron desaparecendo as ostras, as sardiñas, e malviven as últimas ameixas. A cuestión da edar é unha pura ilegalidade e, asentada en terreo concesional da vella Ence, S.A., non segregado, que a nova Ence, a chamada Grupo Empresarial Ence, S.A., carece presuntamente de concesión, algo que parece foi estimado pola Audiencia Nacional, Sala do Contencioso Administrativo, Sección Primeira, en dúas ocasiós: por sentencia de Maio 2011, e agora de novo por sentencia de Abril 2013, nas que ordea ó seu ministerio que incoe o procedemento de cancelación da concesión da vella Ence, S.A. E recurrida a primeira das sentencias en casación, non se entende que ese recurso permaneza sen resolverse a día d´hoxe.
Na última das sentencias, na exposición que se fai nos fundamentos de dereito infórmase que tanto "a edar como o emisario submariño encóntranse nunha situación administrativa irregular, xa que non contan coas preceptivas concesiós do Dominio Público Marítimo Terrestre", según informaba xa o 10.11.2005 a Xefa do Servicio Provincial de Costas de Pontevedra, que ven avalar ademáis a doutrina que recolle o artículo 44.6 da vella Lei de Costas, que prohibe a construcción de estaciós de augas residuales na ribeira do mar, así como o tendido de colectores paralelos, instalaciós que terían de ir por riba da franxa de protección. Pero o caso pontevedrés é aberrante, unha vergonza, porque a edar, como a fábrica de pasta e outras instalaciós, como a autovía a Marín na que o ministerio de Fomento acaba de ter unha actuación irracional con presunta intención de consolidare o que xa está sentenciado como ilegal polo TS, como o propio ferrocarril están no mar.
O Concello de Pontevedra tivo xa tempo de levantare a edar, a requerimento da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar (que reconoce que a edar e os colectores carecen de título concesional) e de situala fóra do terreo demanial, pró que lle foi outorgado un prazo de menos de cinco anos. Esto así dito, señor Arias Cañete, e pra que vexa que a presunta prevaricación ven ser norma nalgunhas Administraciós. Lembremos se acaso que o terreo demanial é dos cidadáns e que o Estado debe se-lo velador da súa conservación. En Salvemos Pontevedra agardámo-la edición do texto da lei no Boe pra actuar en consecuencia e acodir, si é preciso, á UE.
12.05.2013