Tribuna Viva
Incumprimentos da Xunta de Galicia
A Asociación de Veciños Santa María de Pontesampaio e a Federación de Asociacións de Veciños de Pontevedra "Castelao" queren facer pública a súa queixa en relación cos compromisos adquiridos en reunión o 30 de outubro de 2018, polo Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra –o Sr. Cores Tourís-, o Secretario Territorial da Xunta en Pontevedra –o Sr. Ramón Pereiro- e o Xefe Territorial de Infraestruturas e Mobilidade – o Sr. José Luis Díez-.
Naquela reunión, xunto con outras Asociacións Veciñais de Pontevedra, que están integradas na citada Federación, acadaron unha serie de acordos en relación coa seguridade viaria das peregrinas e dos peregrinos que percorren o Camiño Xacobeo Portugués.
Indicar que por parte da Xunta de Galicia e os seus representantes provinciais non se fixo efectivo ningún dos compromisos acadados no seu día, a saber:
- Supresión das prazas de aparcadoiros na zona da Ponte para darlle continuidade ao camiño na zona que descurre hacia Pontevedra E NON OBRIGAR ÁS PEREGRINAS E PEREGRINOS A DEAMBULAR POLA ESTRADA…
- Desenvolvemento dunha zona de beirrarúas que transmita seguridade peonil aos citados peregrinos do Camiño….na actualidade están só protexidos por unha liña que separa a calzada (vehículos) dos peóns.
- Calmado da velocidade dos vehículos nalgúnhas zonas
- Adecuación de, alomenos, algunha praza de aparcadoiro para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida no entorno do Centro de Saúde.
Debido a que xa transcorreron máis de 5 meses e non tivo lugar ningúnha execución algunha dos compromisos adquiridos vemónos abocados a realizar esta denuncia pública e volvemos a reiterar o cumprimento dos mesmos, dado que comeza unha etapa de máis luz e, previsiblemente mellor tempo, polo que o aumento no número de peregrinos será unha realidade, sen que se mellore a súa seguridade vial, tanto peregrinos a pe, en bicicleta ou incluso a lombos dos equinos que tamén abundan nestas épocas no Camiño Xacobeo Portugués.
O presidente da Federación Castelao
Juan M. Loureiro Taibo