Pedro J. Peón Estévez
Se barriga verde levantase a cabeza
Celulosa: A celulosa é un bipolímero composto exclusivamente de moléculas de b-glucosa.
A celulosa é a molécula orgánica máis abondosa, xa que forma parte da biomasa terrestre (wikipedia).
Segundo o diccionario, celulosa é unha substancia branca e insolúbel en auga, alcol e éter, que constitúe a membrana celular de moitos fungos e vexetais; emprégase na fabricación de papel, tecidos, explosivos, vernices etc.
A que venhen este tipo de matizacións pola minha parte cando todo o mundo conhece este tema? Ben, parece ser que non todo o mundo.
Cando eu escribo "celulosa" estoume a referir a todo o anterior. Se houbera algún tarado que, á vista disto, entende "ence", alá el coa súa imbecilidade. Non é problema meu.
Pasando a outra cousa; quen non lembra algúns dos moitos dúos de paveiros que foron e son neste país? Quen non acorda ós xeniais Tip e Coll, Dúo Sacapuntas, Cruz e Raia, Balseiros e Cubela, Martes e trece, Faemino e Cansado (non Casado. Este non ten puta graza), Feixó e Rueda, Esteso e Pajares…? Ben; pois todos eles xuntos non valen un peso a carón da parelha de "cachondos" de moda; os novos Tonechos: … Arregui e Colmenares!! Estes si que dominan o, nunca melhor dito, "jogo do pau". Mágoa de par de monicreques para o teatrinho de Barriga Verde!
Cando Arrecol se ponhen a ofrecer pasta (ofrecer, que non dar), un bo fato de pitos e pitas se lhe arremuínhan ávidas de migalhas (moitas delas conforman colectivos de moi recente criazón para ver se pilhan). Mais cando se decatan de que os subornos son feitos con pasta virtual, hipotética, ficticia e tras asinar un brazado de papeis e aturar a perorata de Casal en Marín -na nave de Escraches Ceferino que barreu o porto de operarios e chantounos na Deputación a berrar coma posesos, cámbialhes a cara ó comprobar, unha vez máis, que Roma non paga a treidores. Ameaza Arregui, -ou Colmenares, tanto ten- con levar a celulosa para algúnha república bananeira con madeira barata, man de obra excrava e governinhos "amigos". E quen lhelo impide? Tarde ou cedo rematarían por facelo, melhor dito, xa o fixeron. En Fray Bentos, Uruguai. Pero foron chimpados a gorrazos, non así a finlandesa Botnia ( se ve que ten melhor reputación ). De calquera maneira, a pasta Krafft sempre se fixo no 3º mundo.
Lembran a do papel tisú? Esa tamén foi boa. Contaban co ovo no cu da galinha pero Cologal (Georgia Pacific) deixounos plantados por impresentables.
Si, que se vaian, pero…coidado!… antes terán que retirar o mamotreto daí e deixar todo como estaba. Esa é unha cláusula fundacinal do estado dictatorial (pai da celulosa) da que nin diós fala pero que moitos lembramos. Iso foi escrito así no seu día e non se pode eludir de ningunha das maneiras. Quen merca a factoría, mércaa con estas condicións e de nada serve facerse o longuis. Isto é xustamente o que tinha que esixirlhes o governo galego no canto de facerlhes de conseguidores ponhendo á sua disposición un país enteiro para eucaliptar e arder polos catro costados.
Por certo: que di o Feixó de costas e bateas e outras pescas das que tampouco entende? Non hai nada peor que beber en aiúnas.
O dito Arrecol: ide facendo peto para desescombrar a enseada de Lourizán, tal como deixou o dictador dito, atado e ben atado.