Pedro J. Peón Estévez
Mareas vivas
Acudo raudo a certo colectivo, presuntamente, activo este martes pasado con ánimo de recabar certa información e tropezo, de xeito sorprendente, cun fato de evasivas que me deixan un tanto desconcertado. Dinme que xa todo está atado e ben atado e que ando despistado ( pese a ser un dos poucos que pode falar da celulosa en primeira persoa e non de oídas como a maioría ) Pois si ; eu nacín nas Cocheiras nove anos antes que ence ( empresa nacional de celulosas de Pontevedra sociedade anónima, orixinariamente Encepsa ) e fun, posiblemente, o primeiro damnificado por esta, mesmo antes de a mesma aparecer. Isto sábeno moitos dos merodeadores. Será por iso que non son santo da súa devoción. A minha familia e máis eu soportamos perante xeracións os efectos da polución e o acoso en propia pel, que non "en diferido". Non somos manequíns de escaparate. Somos pessoas que saben de que falan.
Non son mestre de nada nin posúo títulos académicos ( posiblemente porque tiven que emigrar con dezasete anos e mandar divisas para que outros estudasen ) pero conhezo os meus dereitos e non penso renunciar a eles, por máis que, a día de hoxe, iso semelhe politicamente incorrecto.
Tampouco son picapleitos pero sei ler e non deixo de botarlhe un olho ó BOE de cando en cando e se os mandaricas de celulosas ameazan con deslocarse no extranxeiro, que lembren que , antes, tenhen que deixar os deberes feitos en Lourizán.
BOE-A_2013-5670 / Art. 72/2 A partir del momento que se indica en el número anterior, el titular de la concesión constituirá el depósito suficiente para responder de los gastos de levantamiento de las obras o instalaciones y retirada fuera del dominio público marítimo-terrestre y su zona de servidumbre de protección, o de reparación de aquellas, de acuerdo con la resolución adoptada y la tasación ejecutoria señalada por la Administración y a resultas de la liquidación que proceda.
Iso é así e non ten volta. Unha máis:
BOE-A- 2013-5670 / Art. 76 j) Obligación del adjudicatario de constituir un depósito suficiente para los gastos de reparación o levantamiento y retirada parcial o total, de las obras e instalaciones, a su costa, a la extinción del título correspondiente, salvo decisión en contrario de la Administración competente.
Máis…
BOE-A- 2013-5670 / Art. 78 m) Revocación de la concesión cuando las obras e instalaciones soporten un riesgo cierto de ser alcanzadas por el mar.
…do mesmo.
BOE-A- 2013-5670 / Art. 76 m) Obligación del adjudicatario de adpotar las medidas requeridas por la administración de adaptación a la subida del nivel del mar, los cambios climáticos, los cambios en la dirección del oleaje u otros efectos del cambio climático.
O mar, nas mareas vivas, acada a factoría tódolos anos e.. non pasa nada! Será que o cambio climático xa está aí ou que José Malvar, o empresario que fixo a "autovia", deixouna un metro máis baixa por aforrar materiais. De calquera xeito, o dito: Non pasa nada!
E xa para rematar esta primeira entrega, vaia a penúltima:
BOE-A- 2013-5670 / Art. 78/2 Extinguido el derecho a la ocupación del dominio público, la Administración no asumirá ningún tipo de obligación LABORAL del titular de la actividad afectada
Aí queda iso.
Díxome un "paxarinho" que a celulosa xa ten constituido o devandito depósito e eu alédome un mundo pero…a canto ascende?, quen lhelo esixiu?, onde se atopa depositado? Quen controla isto? é isto certo ou é un conto?…un máis?
De calquera xeito, o anteriormente exposto é a letra da lei. O demais é confusionismo, escrache, acoso, barafunda, prevericación, vandalismo, caleborroca ou como lhe queira vostede chamar.