Mar Seaxá
Alújanse para campaña electoral
Alujamos vehículos
Dende o colectivo Femias Castradoras de Pontevedra e Bisbarra FFCCPB, do que eu son a delejada, e que está incluído no MIC (Movemento Internasional para a Castrasión), do que tamén son a presidenta, temos o plaser de poñer en coñesemento de todos os partidos políticos a nosa oferta de vehículos de dúas, tres, catro e máis rodas.
Debido á jran demanda de veículos nesta campaña electoral, poñemos a disposisión dos encarjados de levar as campañas electorais a nosa flota de automóbiles. Todos eles con sejuro e coa ITV pasada. Aljúns xa teñen anos, pero non os imos despresiar por iso, todo o contrario, senón que pensamos que é un plus o mundo da política. Estou a falar dos coches, non hai sejundas intensións.
Comensamos polo chimpín, vehículo da miña propiedade, no que eu sempre subo a Pontevedra. É o primeiro e último son que escoitan os elexidos por min para que os castre. Hai que recoñeser que iso vai dar un pulo importante a quen o aluje porque, non sei por que, dá un respeto moi jrande. Terán votantes fieis entre os homes e tamén entre as mulleres, xa que son coñesedoras da nosa causa e apoiannos sempre.
Lojo está o dogedar de Mariflor, coche jrande e señorial. Non sei se o vai alujar, xa que os do PP xa teñen unha furjoneta que teño que ver de onde a sacaron. Espero que a alujaran na nosa terra, porque se non imos ter lío eles e máis eu. Tamén valería para os de Cos, pero a ises non lle alujamos nada.
O renol sinco descapotable, xoven, dinámico e molón como a súa dona Florinda. O partido que o meresa contará tamén cunha equipa de jaliñas vivindo nel. Van incluídas xa que non as imos sacar de aí, ademais justan da velosidade e do vento movendo as súas plumas.
Visenta pon a disposisión o seu panda de primeira xenerasión, vai coma un fojete e consume ijual ca un chisqueiro. Ten unha relasión espesial co coche e di que non vai deixar que ninjén o condusa. Dietas e durmidas de Visenta por conta do que o aluje.
Unha mobilete asul. Creo que xa non a vai alujar ninjén, porque os do PSOE xa sacaron unha moto. Eu vin unha foto e creo que ían mellor coa nosa e, dende lojo, a actitude non é a correcta se queren chamar a atensión. Deberían mirar na interné os vídeos de polisías motorisados dos que había antes. Eles sí que fasían cousas bonitas: pirámides de vinte polis ou máis sobre tres motos, volteretas, saltos, caballitos... e todo en movemento, era unha josada. Ajora se queres ir ver cousa así tes que ir ao sirco do sol, porque o candidato Tino non parese estar moi cómodo na moto. Hai xente que non se fía dos vehículos de dúas rodas e el parese ser unha delas. O meu consello é que lle poñan ruedines á moto.
Tamén temos un camión de butano, un trisiclo do neto dunha castradora e máis coches que poden consultarme a min en persoa ou por teléfono.
Aínda que son partidos políticos, non nos fiamos de ninjén e o pajo ten que ser por adiantado. Nunca tivemos problemas xa que no noso sector hai unha porcentaxe de cobro do 100%, nótase que somos persoas moi profesionais e a nosa fama sempre vai por diante.
Femia Castradora