Pedro J. Peón Estévez
Eu tamén irei á marcha
Non sei por que digo que irei á marcha se fun, até a data, a todas cantas houbo, e máis que houber, na companha dos meus. Desta tamén irei, malia a incontrolada "Celuborroka" que planea facernos algunha trasnada aproveitando a impunidade de que gozan como especie protexida que son mentres os demais atrapamos na chepa cada pouco. Pero…que é a CEluborroka?
Hai xa unhas décadas que en Pontevedra eclosionou o chamado "fodebloque". O "fodebloque" é un ser rabuxento ( que diría Támara Becerra ) e amargurado que rosma decote: " el bloque nos bloquea", "a ver por onde pasan as ambulancias", "non me dan a volta os autobuses", "las aceras son muy anchas", " mucho modelodecidade, ¿y lo demás qué?", "porque Lores se pasea", "porque Mosquera se mosquea", "el compostaxe huele" (y celulosas ya no huele), "el ciclo del bloque ya está agotado" (vayasé sr. Lores) etc, etc, etc, e máis etc.
Por outra banda temos o partido papular. O capitán Araña tendeu demasiada aranheira para poucas moscas caer nela. Baixa o listón Rafanete, baixa e baixa ti tamén do caixón da compostaxe que, por se non o sabías, pagouse cos meus impostos.
Aí atrás dicía o ínclito persoeiro que agora a cidadanía xa sabe quen é o capitán maila tripulación. Supuxen que falaba en primeira persoa e veume ás mentes o famoso capitán Araña, pero…quen era este persoeiro?
Aranha ou Arana era un tío que, a finais do XVIII andaba polos portos convencendo (enganando máis ben) ós homes para que se enrolaran e foran ás Américas, prometéndolhes que alá ían pagarlhes con riquezas, terras, mozas e outras maravilhas. Na realidade ían para intentar sufocar os levantamentos dos crioulos independentistas. O que xa non sei é se os barcos levaban algún canario pintado na borda. Co seu bico de ouro meteu a moitos a bordo pero el sempre ficou en terra e pode que tan curioso proceder dera outro senso ó verbo "embarcar". Ben, o caso foi que cando vin a foto de rafanete encaramado no composteiro, ferramenta en man, o primeiro que me veu ó sentido foi: Tachaaán; Capitán Picaraña!!! Este rapaz carece de mérito algún agás ser un destacado "fodebloque" e celulófilo de pro. E perdóenme os celuborrokos se meto a política no tema pero foi sen querer. Claro que ameazar políticos póndolhe dianas, tildándoos de terroristas…non é polïtica. Empapelar a cidade, acosar á APDR, raiar o carro duha xubilada activista, ameazar a quen reparte panfletos…iso non é política; é vandalismo. Ir na cabeceira das manifestacións reforzados por destacados "políticos" do partido papular non é política?
Que mal faría o concelho de Poio a quen celulosas arruinou Lourido, a sua mellhor área turística, para que a Celuburroka reventase o seu pleno? Porque Nito vai á marcha? É que acaso non ten dereito?
Que mal faría a minha dona queixándose de vivir e criar os filhos no medio da nube tóxica para que un exaltado que saiu da fábrica intentase atropelala na parada do trole?
Que loitan polo pan dos seus filhos? E úlo o pan dos meus pais, o meu, o dos meus irmáns, o dos meus filhos mailos meus netos, úlo?
Ábrenseme as carnes cando vos oio dicir: "es que sinó tendremos que emigrar" Na minha casa, dos cinco irmáns, tres tivemos que emigrar a pesar de sermos afectados en primeira linha pola Biofóbica. Tivemos que buscar o pan lonxe daquí e non morremos coa fame. Eramos obreiros; sabedes que é iso? Antes da era Rajoi, na minha terra, ningún obreiro pasou fame.
E falando de Rajoi, dá gusto velo nas Baleares banharse no Mediterráneo tirándose de pé desde o iate (este sempre caeu de pé). Está pletórico, encantado de se ter conhecido, feliz. A ruína que deixou atrás non vai con el, nin o folhón catalán, nin a corrupción, nin o M punto Rajoy, nin a prórroga dos 60 putos anos máis que lhe cocedeu por Dedazo á nociva Biofóbica.
Vente banhar a Lourizán Marianinho! Si home, xa sei que a ría de Pontevedra non é o Caribe pero…de verdade que o Mediterráneo non che cheira a morto subsahariano?
Temos a desgraza dos colonizados: malháronos en febreiro do 59; volvéronnos zoscar cando veu Greepeace, cando voltou Greenpeace, cando as obras do puto tren (a diario) e volverannos mazar á primeira ocasión e a estes enchufados nin un mal aviso…Que foi da famosa lei "mordaza" de Marianín que aínda está vixente. Por que non se lhe aplica a estes? E que son unha especie pratexida?
Pechou a construtora José Malvar, Raimundo Vázquez, Rías Baixas, Afar…e os "sindicalistas biofóbicos non dixeron nin mu. Eles non pararon un só día en 60 anos pero cando lhe ventan o cu á coruxa ponhen o berro no ceo…eles e a chusma política da dereitona. Saben os celuborrokos que ese Pedrosa que tenhen por guía foi retratado nunha marcha como destacado activista anti-Biofóbico? El e maila súa ex. Con pancarta e todo
E así foi como elementos ailhados se integraron nun todo chamado Celuborroca, organización con ánimo de lucro con márqueting e logotipo. Por certo: que esperan Inés Arrimadas mailo Albert (primo de) Ribera para vir retirar lazos verdes.
Ves?, outra vez a política. E que mentres non a quitedes vós do voso conselho de administración, non haberá maneira. E das marchas. E do pleno do concelho de Cerdedo-Cotobade, por ponher un exemplo…
O domingo ás doce da manhá estarei na Alameda. Por min e polos meus: celulosa peche XÁ