Tribuna Viva
'Irmandade Illa de Tambo' responde ao alcalde de Poio sobre as visitas a Tambo durante a Festa do Mar
Diante das declaracións efectuadas polo Sr. Alcalde do Concello de Poio con motivo da inauguración da Festa do Mar en Combarro, quere facer público o seguinte:
O Concello de Poio non tivo a máis mínima intervención na organización das visitas a Illa de Tambo, coincidentes coas datas da Festa do Mar, desmentindo con elo as palabras do Alcalde no acto inaugural, donde se atribúen as mesmas.
A Asociación Irmandade illa de Tambo, dentro da súa campaña de promoción e difusión dos valores da Illa de Tambo ven organizando tales visitas, levando no que vai de ano 10, con 50 persoas cada unha, donde o Concello de Poio nunca tivo o detalle de preocuparse polo resultado desa actividade.
O Concello de Poio, o único que realiza é recoller a documentación que aporta ésta Asociación, esixida pola Escola Naval Militar de Marín, e trasladarlla a ese departamento de Defensa.
A Illa de Tambo, leva 17 anos desafectada para usos da defensa, sendo do Estado, dentro do Concello de Poio, elo, por non se ter amosado o interese necesario na súa recuperación, mais alá de preguntas parlamentares para súa inclusión no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O Concello de Poio, leva un ano sen convocar a Comisión Illa de Tambo, creada ex profeso para a súa recuperación, descoñecendo como parte da mesma cales son as últimas xestións realizadas, agás unha petición do Ministerio de Defensa de hái un ano, solicitandolle o concello que presentase un plano de idéas ou usos para a illa, cuestión que non se fixo (alomenos dentro da Comisión).
O Concello de Poio fuxe de todo o que supoña xestión do territorio, dando un exemplo político do máis negativo do patrimonio cultural (véxanse as estacións de petróglifos de Samieira, de Combarro, do Castro da Sividá, do Alto do Castrove,.), polo tanto non nos sorprende a súa deixadez coa Illa de Tambo. Que fagan o que lle tolera a cidadanía. Nada máis. Pero que non se colguen medallas de actividades das que non só non apoian, senón que maltratan.
Reciba un saúdo.
Pontevedra, 23 de Agosto de 2019.
Fdo.: Antonio Costa Iglesias. Presidente da Asociación 'Irmandade Illa de Tambo'.