Pedro J. Peón Estévez
A economía do caos
Cando arde a sabana africana, xusto antes da tempada de chuvias, é un fenómeno natural. Vento, nubes, raios e chuvia perfeitamente combinados, levan a cabo un proceso de renovación anual da vida vexetal e animal naqueles pagos. Cando arde a Amazonia, se desxea o ártico, arde Canarias, cando se produce un éxodo de seres humanos fuxindo da morte provocada por unha cruel colonización, un saqueo indiscriminado dos seus fogares etc, para vir morrer neste “mare nostrum” que tamén é o deles, cando se dan estas calamidades podemos dicir sen temor que se trata de CRIMES CONTRA A HUMANIDADE. Por que, logo, existe unha connivencia xeralizada, un “alcahueteo” mediático para non querer ver estas cousas e chamalas polo seu verdadeiro nome? Todos conhecemos a resposta…Canto te necesito Susinho de Toro !
O capital é un ente que só pode existir se produce cada dïa máis, se engorda, se medra a producción mailo consumo. Non acada un punto no que se estabiliza, non. A estabilidade significa a súa morte. Somentes pode manterse se medra exponencialmente a cotío. Necesita, polo tanto, cada vez máis recursos para producir e máis e máis consumo. Pero hai un problema: Nun mundo limitado, de recursos e masas consumidoras, o capital está condenado ó colapso. E cal é a súa reacción? A de calquera monstro que se vexa ameazado: morrer matando. Falando de incendios, política de “terra queimada”, destruir para reconstruir. Xa o profetizara Naomi Klein no seu extraordinario livro La Doctrina del Shock. E tralo “shock”, natural ou provocado, a especulación, o arraso, o crime organizado. Velaquí algún exemplo.
Observen como o ilustre malandro Bolsonaro mata tres paxaros dun tiro sen siquera mancharse. Na súa campanha eleitoral prometeu explotar a Amazonía e deixou sen axuda a todas as ONGs. Hoxe arde a selva polos catro costados e o tipo non se corta en culpar ás ONGs porque quedaron sen cartos. Tres paxaros: eliminar as axudas ós activistas, culpalos dos lumes e favorecer ós explotadores do mato. Así de sinxelo; así de simple. Negocio redondo. E o negocio é sagrado,lembrade El Padrino, cando Tesio quixo matar ó xefe pero pilhárono e excusouse deste xeito: “Dilhe a teu pai que non o fixen por mal: só polo negocio”. O negocio, o dólar, o Capital, eis o único deus…
Ese Musssolini en bruto que é Trump pretendía mercarlhe Groenlandia ós daneses. Como o oen. Consciente de pertencer a un pais que foi mercado por parcelas, non se corta un pelo en seguir mercando anacos de mundo..”será por dinero!” Que Groenlandia se estea desxeando é unha traxedia universal. Que alguén pretenda aproveitar esta traxedia para extraer “terras raras”, metais extratéxicos ou hidrocarburos para acelerar a agunía do planeta é, cando menos, criminal.
Que un tal Salvini queira afogar a tódolos subsaharianos no Mediterráneo é aberrante. Pero o verdadeiramente triste é as nazóns europeas (colonizadoras-explotadoras, exclavistas e, cando non, xenocidas do terceiro mundo en xeral) lhe fagan seguidismo.
Bolsonaro, Trump, Salvini etc. Non son máis que esbirros do Capital. É labor noso pararlhelos pés porque neste mundo, é en ningún outro, han vivir os nosos descendentes. Que pasa con estes sátrapas…é que non tenhen filhos e netos? Coidan emigrar para algún planeta lonxano?
Cando arde Galiza lembren que iso tamén é Economía do Caos. A celulosa tamén é esbirra do capital. Non o esquezan. En tanto, un novo continente está emerxendo e o asunto nada ten que ver coa xeoloxía. É un continente flotante de plástico !!
Tinha moito máis que dicir pero só penso en vós, benqueridos Chico Méndes e Berta Cáceres