Marta Rodríguez Engroba
Feminismo de carne? Non grazas
A RAE (Real Academia Española), define o feminismo como un "principio de igualdade de dereitos da muller e do home", sendo esta unha definición coa que eu concordo totalmente.
Precisamente por isto, porque esta definición me parece a correcta, nunca tiven dúbida da miña condición de feminista, desde ben noviña, malia que mais dunha vez me trouxese algún que outro problema, ou, mais ben, en honor a verdade, debería dicir non poucos problemas.
Nunca fun quen de dixerir que certas cousas me estivesen vetadas por ser muller, que se me limitase por razón de sexo ou que se me censuraran certos comportamentos por ser "propios dos homes".
Isto reforzouse a medida que ían pasando os anos, e troxo como consecuencia, por exemplo, mais dunha liorta nalgún traballo cando, por exemplo, ao meu compañeiro home se lle encargaban, tendo os dous a mesma categoría e, teóricamente, as mesmas obrigas, as labores administrativas e de atención aos clientes e a min as de pasar o trapiño e demais tarefas de limpeza con argumentos, por parte dalgún superior como, e cito textualmente, "muller, habendo unha muller na oficina non o vai facer él, que é un home".
Peor visto estivo ainda o meu plantexamento, cando, alá polo comezo dos anos 80, recién casada, manifestei a miña intención de traballar e ter a miña indepencia, fora ou non nai, e que na casa eramos dous, coas mesmas obrigas e dereitos (mi madriña, a que liei!).
E o asunto xa tomou proporcións de verdaeira hecatombe cando, pasados poucos anos e con un fillo moi pequeniño, convidei ao meu benquerido esposo a marchar a mercar tabaco, sen data de volta, porque os cornos e as festas noite tras noite non eran algo que entrara nos meus plans, como tampouco era isto algo que a familia entendera……Pero se era un home, que quería que fixera?. As mulleres, xa se sabe, temos que aturar o que nos boten, e eso era o que me perdía a min, que non aturaba nada!.
Podería seguir contando mil e un episodios, porque unha xa ten unhos aniños, e a miña visión da vida nese aspecto non mudou para nada, todo o contrario, reafirmouse.
E así foron pasando os anos, unhos anos nos que houbo de todo, mesmo o terror da violencia machista, e tamén ahí o meu talante feminista saiu a relucir cando rachei co malnacido que me tocara en sorte, ata, pasiño a pasiño, chegar o momento no que naceu Si, hai saída, o colectivo de axuda a vítimas de violencia de xénero e, por suposto, aos seus fillos, do que formo parte.
Non vou redundar no que xa expliquei tantas veces sobre o traballo que facemos, porque penso que, a estas alturas, non é preciso, como tampouco penso, ou, mellor dito, pensaba, porque por razóns que de seguido explicarei, o mesmo teño que "resetearme", que a nosa labor algo ten que ver co feminismo, e que ninguén que non se considere feminista podería estar a facela, non polo menos de xeito coherente, claro que de todo hai, pero, afortunadamente, non é o noso caso, e as ideas de todo o equipo que integramos Si, hai saída son, ademais de unánimes, totalmente claras no que a isto atinxe.
Co que non contábamos, e ainda hoxe, cinco anos despois nos sigue sorprendendo e indignando, e co que nos fumos atopando en materia de feminismo, ou mellor dito, dalgún "presunto feminismo" e de quen o practica.
A medida que fumos comenzando a nosa andaina, fumos tamén coñecendo a outros grupos e a mulleres que se denominaban feministas, e que, nalgúns casos, decían ter unha longuísima e exemplar traxectoria no eido feminista.
Curiosamente, tiñamos a sensación de estar a pasar unha especie de "examen".
Era como si se atribuiran o dereito, a saber por qué, de decidir se eramos ou non feministas, pero do xeito que elas consideran que se debe ser, porque non tardamos en comprobar que elas dictan as normas, e estás con elas ou contra elas, non hai medias tintas.
Estás a mercé da súa criba, e se non a pasas, estás perdida, porque automaticamente pasas a ser sospeitosa de non ser todo o feminista que deberas.
Non as defraudamos!.
Nos, e en particular eu, por ser a cara mais visible de Si, hai saída, casi nos aforramos a etapa de "sospeitosas" para pasar a ser directamente culpables.
Obviamente, non fumos benvidas no eido do feminismo "de verdade", ese feminismo ao que se lle enche a boca falando de sororidade, de empatía, de liberdade de expresión e de lentes violetas, pero que lapida sen piedade a quen non pasa polo aro dos seus ditámenes.
Teñen a súa propia linguaxe, as súas propias normas, que acuñaron como se fora a biblia do feminismo, e a que toda aquela muller que aspira a ser considerada feminista debe cinguirse, so pena de ser expulsada de tan selecto grupo... iso no mellor dos casos de que sexas unha das "privilexiadas" as que permiten entrar, claro está, que non é esa unha cuestión menor!.
Tamén , como non podería ser menos, posúen o seu propio "dress code", porque, polo visto, para certos sectores feministas, arreglarse, maquillarse ou peitearse de tal ou cal xeito non casa coa súa doutrina, e eu mesma sufrín na miña pel mais dunha descualificación dalgunha desas "feministas" que, sen ter cruzado nin unha soa verba conmigo, non tivo reparo ningún en manifestar que como ía traballar con vítimas de violencia de xénero, coa pinta, e cito textualmente, de "pija" que teño.....Ole esa sororidade!.
Son, din, antisistema, pero, a que mais e a que menos, vai tentando achegar a sardiña as ascuas, e o de sacar a fotiño ao carón das autoridades semella que non lles da tantos calafríos como dín... pero lanzando arengas "revolucionarias", eso si, que para eso son bravas, moi bravas!.
Pero todo isto é anecdota se o comparamos con certas manifestacións que dan por sentado que o feito de ser home é xa, por si mesmo, un factor decisivo para convertirse en maltratador e o seu xeito de loitar, presuntamente, contra a violencia de xénero, e a golpe de manifestación, ou de acto con sona, que non estarían mais se fixeran algo a maiores, pero non é o caso.
O seu ritmo de traballo é tamén un tanto peculiar, porque ten un período claramente definido, que abarca desde Setembro, para lembrar que xa remataron as vacacións, 25 de Novembro, por razóns obvias, e Marzo, concretamente ata o día 9, polo mesmo, data na que remata de xeito "oficial" o seu período activo o que non quita, eso sí, que se engadan a algún acto que lles interese ou lles garante evidenciar a súa presenza, ou que cando, por desgraza, algunha muller é asasinada dentro da nosa comunidade autónoma, se lancen de novo a rúa a procura dunha nova foto, potenciando a súa imaxe de salvadoras, esquecendo ou non dándose por enteradas de que a violencia de xénero non sabe de datas, nin de vacacións.
Hai un mérito que sí é de honra recoñecelo. Son unhas auténticas expertas en márketing, e saben que a violencia de xénero e o feminismo son, por desgraza, dúas causas "de moda", por moi mal que soe, polo que teñen a seguridade de que, malia que soamente sexa por cuestións meramente políticas, ninguén con mais ou menos peso neses eidos vai deixar de acudir a calquera cousa que convoquen, independentemente do que pensen, porque se algo non son é tontos, así como unha parte da sociedade e de certos colectivos que, malia criticalas as agochadas, semellan mesmo terlles medo.
E estas señoras, que se autodenominan feministas, son as que se cren con todo o dereito do mundo a otorgar ou retirar o carné de feminista en función de que unha se plegue ou non as súas tiranías, porque, no fondo, e o que son, unhas verdadeiras tiranas que en moi pouco se diferencian dese machismo que din denostar, pero que exercen contra outras mulleres sen pudor algún.
Unha verdadeira mágoa, como xa dixen tantas veces, que manchen de tal xeito un movemento tan digno como o feminismo polo que tantas mulleres loitaron e mesmo perderon a vida.
Conclusión: Se ser feminista se asocia con ese feminismo ao que acabo de referirme, para o que che dan ou che quitan o carné, sintoo, pero non me interesa.
E mais, ten o meu rotundo rexeitamento.
E remato con unha posdata: Unha vez mais me vexo na obriga de recordar que non meto a todo o mundo no mesmo saco.
Asociación Si, hai saída