Marta Rodríguez Engroba
Moita forza, raíña. Lembra que a vida agarda por ti
Quixo a casualidade que esa noite o meu regreso a casa se demorara máis do previsto.
Quixo a casualidade que o silencio da madrugada fixera posible escoitar ese berro arrepiante, esa desesperada chamada de auxilio que deixaba claro que alguén estaba en perigo, que me fixo sair o máis rápido que puiden e chamar a túa porta.
Ninguén abría.
Desde fora, eu escoitaba, impotente, o forcexeo, a túa loita por escapar e a do teu agresor por impedircho. Non podía facer máis que berrar, esixirlle que te deixara saír, que ía chamar a policía.
Ainda me falta o aire lembrando a túa desesperación, cando, despois de conseguir por fin abrir a porta e escapar, te aferraches min buscando amparo, a túa carreira veloz na procura de refuxio en casa allea.
Soamente cando conseguimos poñernos a salvo, mentras él, o que dicía quererte, aporreaba a porta e che pedía silencio, que non chamaras a ninguén, che puiden ver a cara.
Eres moi nova, case unha nena, malia que precisamente a esa idade, a túa, nos sintamos adultas e pensemos estar preparadas para afrontar todo canto a vida nos poña diante, mesmo a brutalidade a que moitos chaman amor.
A túa xuventude non impide que teñas xa moitas feridas, e non soamente as que eu vin no teu rostro, se non as que, estou segura, son moito máis profundas, as do teu corazón.
Pouquiño a pouco, entre bágoas e mentras, escoitando os berros do teu verdugo, me suplicabas que non abrira a porta, contáchesme, moi baixiño, case en susurros, algunhos retallos da túa historia.
Unha historia pola que sentías, sintes, vergoña, ao que eu che respondín que non tes por qué, ti non es a culpable, es a vítima, como o fun eu, como o son tantas e tantas mulleres.
O único culpable é o que dana, o que maltrata, nunca quen sufre, quen ten a súa vida pendente dun fío por mor da súa maldade, da súa crueldade.
Faláchesme de como o deixaches todo e a todos por él, porque o querías, o queres, ou, mellor dito, cres que o queres, porque, como che dixen, co tempo, decataraste de que eso non é amor, porque o amor non doe, ao amor non se lle teme, e quen te quere non te dana, non te menospreza, non te humilla.
Sei que agora che parece imposible, pero o tempo, e a axuda que sei que tes, farán o seu traballo.
Non foi moito o tempo que estivemos xuntas, porque todo aconteceu moi rápido, pero abondou para que sentira, como se fora na miña pel, a túa dor, o teu medo, a túa soedade, e tamén a dúbida de se estabas a facer o que debías.
"Tal vez debera calar unha vez máis", me dicías, porque, "quen sabe? quizás cambie, non é malo, tan so se pon agresivo se bebe, antes non era así, e, ademais, sei que me quere, o que pasa e que, as veces, perde os nervios".
Non caigas nesa trampa!.
Soamente, como che dixen esa noite que seguramente ningunha das dúas esquecerá, che pido unha cousa, tómate un tempo para meditar detidamente que, se realmente te quere, por qué che fai dano, porque te maltrata?, porque eso é o que fai, maltratarte. É un maltratador.
Sei que, ainda despois de todo canto che leva feito, e agora sei que é moito, moitísimo, non che gustará que lle chame así, maltratador, pero chegará o momente, creme, no que tí mesma o asumirás e terás claro que ninguén así ten sitio na túa vida.
E, se ti o queres, por qué lle tes medo?.
Amor e temor nunca poden ir da man, non o esquezas.
Tampouco as humillacións, as vexacións, os insultos, as chantaxes emocionais, o illamento da familia, dos amigos, os ciumes compulsivos, forman parte dese amor que cres sentir e que él dí profesarche.
Eso que tí viviches, ese pesadelo, é MALTRATO, así, con maiúsculas.
Teño a esperanza, non, mellor a seguridade, de que chegarás a decatarte de canto vales, de canto vale a túa vida, de que a resolución que tomaches de rachar con quen está a facer dela un inferno é un novo comezo para tí, o comezo da vida que mereces, libre, sen medo, ao mirando frente con liberdade,
Teño a esperanza de que chegará o día no que teñas claro que non é digno de tí.
É curioso como unha persoa que pasa dun xeito tan rápido pola vida dun pode deixar unha pegada tan profunda, e tí a deixaches en min.
Creo que nunca te esquecerei, e, malia estar lonxe, malia que tal vez nunca nos vexamos de novo, xa formarás parte do meu corazón, e dese corazón de Si, hai saída, que ides enchendo mulleres coma tí, que, con nos, xuntas, imos avanzando, pasiño a pasiño, cara a esa saída que nos da nome, e que, nunca o dubides, existe.
Eu atopeina, conteicho, lémbraste?, e tí tamén a atoparás, estou convencida.
Será un camiño longo, non sempre doado, pero ao final, esa saída estará ahí.
Pasaron os días, e non podo evitar emocionarme cada vez que o teu recordo me ven a mente.
Agora mesmo, escribindo estas liñas, cústame reprimir as bágoas.
Nunca chegas a estar preparada de todo para tanta dor, por moitos casos que cheguen a nos case cada día.
Sei que non é probable que nos vexamos persoalmente, polo menos non a curto plazo, por eso, deíxame que desde aquí che diga algo que quero que saibas, malia que sexa así, lendo.
Non sabes que orgullosa me sinto de tí!.
Sei que pensas o contrario, pero co tempo, decataraste de que eres valente, moi valente, e acabas de dar o que tal vez sexa o paso máis importante da túa vida, o da túa liberación, e que saibas que tí, e outras mulleres coma tí, xogades un papel moi importante, porque sodes un chanzo máis, e vital, ademais, nesa loita contra a violencia de xénero que tantos estamos tentando levar a cabo.
Decataraste de que apenas falo do teu verdugo.
Sabes por qué?. Porque non ten importancia algunha. Non vale nada.
Non é máis, coma todos os da súa calaña, que un cobarde que precisa maltratar, agredir, humillar, para sentirse forte, poderoso.
Cres que mereces alguén así na túa vida?.
Rotundamente, NON. Ningunha muller o merece. Ti tampouco.
Virán días duros, certo. Días nos que te sentirás soa, nos que mesmo dubidarás se a mellor opción non será volver con él, nos que sentirás a tentación de facelo.
Non te culpes, non ten sintas mal por ese sentemento.
Todas as mulleres que fumos vítimas de violencia de xénero pasamos por esas fases, pero cando eso che suceda, lembra que non estás soa, que sempre terás quen te escoite, quen comparta contigo eses momentos difíciles, e tes a miña palabra de que, pouquiño a pouco, o sol irá saíndo.
Xúrocho.
Hai moita vida agardando por tí, moitas persoas boas, e o amor, o de verdade, o que non doe, chegará, non o dubides.
Moita forza, raíña.
Asociación Si, hai saída