Mar Seaxá
Votar con Sentidiño
Eu vou ir votar, aínda que teña que deixar ao Sentidiño fóra. Resulta que non mo deixan entrar, cando alí entran espesies de toda clase. Meu Sentidiño sempre me aconsella ben, sempre me di a quen teño que saudar e a quen non, quen é boa persona ou quen é das malas. Eu confío nel, o seu olfato axúdame no meu traballo, unha ves ía eu a cortarlle os pendentes a un tipo, cando escoitei ao meu Sentidiño que me avisaba de que aljo pasaba. Pasaba que o home ía ser repetidor, que xa lle fixera unha intervensión anos antes. Para unha castradora iso é un erro fatal, non pode ser, pero eu últimamente teño unha memoria de peixe e aí está meu Sentidiño, sempre alerta.
Creo que sei a quen vou votar. Non volo vou desir porque non quero influir, soio vos dijo que vou votar a unha muller. Non o entendo. Son das que pensan que unha muller o faría mellor que un home porque non estamos a ver quen ten o clítoris máis lonjo. Os homes sempre están a ver quen mexa mais lonxe e así nos vai. Sempre é mellor o ancho ao longo, meus benqueridos homes, estades a baremar mal. Eu aljo diso sei, que traballo nas inmediasións.
Hai que ter moito coidado con quen vas votar, ao mesmo que hai que telo con quen vas saír, pode pasar que o tipo non sexa o que parese. Por exemplo, esta fin de semana fun tomar unhas servesas con jaseosa ao outobrofest, que se selebrou en novembro. Xa empesamos mal. Hai que ter coherensia no que se fai. Non pasaba nada por chamarlle nobembrofest e así non se enjana a ninjén.
Enjanos, o que se di enjanos, hai de moitas clases. O pior que lle poden faser a unha castradora é ir dunha cousa sen ser iso.
Atopábame eu nun banco da outobrofest e se achejou un tipo a min, e eu, que estando xa en campaña electoral prejunto a filiasión a calquera que coñesa, vou e prejúntolle a quen vai votar. Iso de ter as mesmas afinidades políticas é moi importante na parella, porque canta máis afinidade, mellor. Tamén vale para as relixións, os touros, os amijos, para todo. Hai que evitar os roses custe o que custe, ou no caso contrario, que o home se amolde ao meu pensamento.
O home contestoume que era de ERC, e eu ata me alejrei, porque o Rufián cáeme ben, empesando polo seu apelido. Bebimos máis jaseosa con servesa, falamos con complisidade e prometeume amor eterno. Non fai falta, non son de amores duradeiros, pero se se empeña, pois vale. O que vai ter un problema cando o deixe vai ser el.
Pero, amijiño! Cando se saca a chaqueta, vexo que leva unha pulseira con listas roxas e amarelas. Eu díxenlle que isa non era a bandeira catalana, que faltábanlle varias listas máis que as que tiña no seu pulso. E enfadeime, claro, non ajuanto as mentiras. Comprendo a atrasión que tivo ata a miña persoa, pero por aí non paso. Vín que era a hora de sacar a Vinjador do meu bolso e traballar un pouco. Cun movemento digno dunha samurái, corteillos e lojo boteillos a comer a Sentidiño, que estaba ao meu carón esperando. É curioso coma este can sabe cando vou castrar, comensa a salibar coma se non houbera comido nos dous días anteriores. É un amor.
Este dominjo vou ir votar con Sentidiño, e se non podo entrar con el, terei que tomar medidas.