Tribuna Viva
A Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra xa é unha realidade
A Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra xa é una realidade, desde o 21 de setembro que se celebrou en Cerdedo-Cotobade o primeiro Congreso de AMEls, AMURGAs e outras Asociacións de Mulleres da Provincia, de onde saiu por unanimidade a creación de unha Federación de Mulleres que dera apoio e visibilidade a todas as Asociacións que o precisen, ponse en marcha a FEMUPO, un mes e medio despois con toda a estructura directiva definida esta Federación comeza a dar os primeiros pasos.
O sábado 9 nunha reunión celebrada en A Estrada, onde a directiva ó completo se reuniu para definir a folla de ruta que marcará os actos do 25N e os obxectivos a acadar de cara o 2020.
A directiva da Federación composta por presidentas de Mulleres en Igualdade, Mulleres Rurais e Asociacións de Amas de Casa, está repartida territorialmente por veciñas do Baixo Miño, da Comarca do Deza, de Tui, Porriño, do Morrazo, de Poio, Vigo, A Estrada e de Terra de Montes e Terras de Pontevedra que engloba Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas de onde é a Presidenta Raquel Touriño.
Con motivo do 25N a FEMUPO lanza unha campañía para distribuir por RRSS que ten como finalidade visibilizar a unión de toda unha provincia ó redor da loita contra a Vilencia de Xénero, "Tendendo Pontes Contra a Violencia de Xénero" pódese ampliar a información nás Redes Sociais da Federación.
Por outra banda a actividade central da FEMUPO ven marcada por un acto que se celebrará o Venres 22 de novembro ás 19:OOh no Museo do Mar de Galicia en Vigo, espacio cedido pola Xunta de Galicia, "O Empoderamento como saída" será o titulo que dará acubillo o acto.
O acto que conta coa presencia da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella no seu papel fundamental dos recursos que destina a Administación para a loita contra a Violencia de Xénero e que ten como obxetivo falar de Empoderamento como saída para distintas situación que Ile poden suceder a unha muller e en concreto a mulleres que sufren violencia machista.
A Mesa Redonda que moderará Elba Pedrosa recoñocida consultora, actriz e escritora estará composta por representantes de Empresarias Galicia, Executivas Galicia, Fundación Mujeres e Federación de Mulleres Rurais de Ourense acollendo así un abano representativo de colectivos que traballan polo empoderamento das mulleres. Acto seguido o acto será pechado con unha performance denominada "La Puerta Verde" onde un texto de Milagros Domínguez será interpretado en danza pola bailarina Laura Pozaco nunha posta en escena íntima e emotiva que porá o broche de ouro a unha xornada onde o mensaxe en positivo será o filo conductor da xornada.
A Federación agradece de anteman a todas as ponentes e participantes a súa predisposición a hora de levar a cabo este acto, aproveitamos para convidar a todos os interesados a este acto.
Raquel Touriño
Federación de Mulleres da provincia de Pontevedra