Tribuna Viva
Estado de abandono do cruceiro de Faxil
O colectivo pola defensa do patrimonio A FORNEIRIÑA presentou denuncia no ano 2018 pola urxencia de intervir sobre o cruceiro de FAXIL situado no lugar do mesmo nome parroquia de Agudelo no concello de Barro por atoparse torcido co conseguinte risco de caida, ante a Conselleria de Medio Rural titular da parcela sobre a que se situa e ante a Conselleria de Cultura.
O estado no que se atopa o cruceiro e unha mostra mais do abandono e, a ameaza permanente para a integridade de elementos do patrimonio cultural como tónica dominante no concello de Barro; o caso do cruceiro de Faxil é unha mostra xa que leva nesta situación, tanto baixo o mandato do PP antes do 2015, como baixo o mandato do bipartio do BNG e PSOE antes e agora gobernando o BNG.
A denuncia presentada deu lugar tamen a tramitación de queixa ante o Valedor do Povo o desentenderse a Conselleria de Medio Rural do seu coidado, e pola deixación do Concello de Barro o que lle dou traslado da denuncia pola Conselleria de Cultura ante a que o alcalde se comprometeu o seu arranxo.
O alcalde de Barro, que nun principio asumiu ante a Conselleria de Cultura o arranxo do mesmo con redaccion do proxecto para a autorización previa por dita consellería, non só non foi capaz de arranxar o cruceiro, en contra do prometido a Conselleria de Cultura, senón que obrigou tamén o Valedor a retomar a queixa esixíndolle explicacions ao alcalde de Barro.
A dia de hoxe despois de máis de 6 anos co problema sen resolver o Alcalde acaba de desdecirse coa sua contestación o Valedor do Pobo na que recomenda o colectivo denunciante A FORNEIRIÑA plantexar a sua demanda ante a Conselleria de Medio Rural, titular da parcela na que se atopa o cruceiro torcido.
Colectivo pola defensa do patrimonio A Forneiriña