Tribuna Viva
A Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa "Combarro" reclama prazas de aparcamento
Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa "Combarro"
COMUNICA:
Que a Xunta de Galicia contempla un proxecto para a mellora da mobilidade na estrada autonómica PO-308, que recibira hái mais dún ano por parte désta Asociación alegacións en todo o traxecto dende a rotonda de Fontenla ata o enlace no Covelo (sen ter novas das mesmas nin da Xunta nin do Concello de Poio), e co obxecto de completar a información para unha adecuación integral de dito treito, consideramos necesario facer públicas outras suxerencias a través dos medios de comunicación, xa que de nada vale dirixirse a éste concello do cal non se obtén resposta algunha, como de todolos escritos presentados por outros asuntos.
Aproveitando o proxecto da PO308, propoñemos se contemple por parte do concello, a posibilidade de negociar cos propietarios de parcelas afectadas por Costas dende o Cruce do Padrón en toda a recta da Pinela, para unha intervención paisaxistica con aparcadoiros.
Asemade, no treito comprendido dende a Canteira (fronte o Restaurante Nova Parada) ata a subida o Colexio e Cimiterio en Chancelas.
Deberían de iniciar as conversas cos titulares dos terrenos e acadar fórmulas de entendemento, tendo en conta a afección por Costas os efectos urbanísticos que impide a construcción de vivendas pero non de equipamentos, e que conlevaría establecer acordos compensatorios ou indemnizacións a estudar.
Dada a necesidade de que Combarro conte con novos espazos para estacionar, calculamos que se poderían habilitar mais de 300 prazas con esa actuación integral, que ademáis serviría para liberar no arranque do Paséo Marítimo dende a Chousa un número de prazas para residentes acreditados no centro histórico,
O Presidente de la AVCR Combarro.
Valentín Silva Pérez