Marta Rodríguez Engroba
O delito de non sacar rendemento da dor
A piques de rematar o ano, e por mais que se tente, é case imposible substraerse a todos os tópicos propios destas datas, como tamén é case imposible non caer na, penso que non sempre positiva "tentación" de facer balance de todo o acontecido nos doce meses que pasaron.
Eu non son a excepción, e o fago, ademais, por partida doble.
Por unha banda, está o eido persoal, no que penso que xusto é dicir, de cara ao novo ano, e malia que, obviamente, moitas cousas na miña vida son mellorables, aquelo tan vello, pero tan sensato de "que me quede como estou".
Pola outra, está todo o que atinxe a Si, hai saída, o colectivo de axuda a vítimas de violencia de xénero do que formo parte, e esa xa é fariña doutro costal.
O ano 2019 foi para Si, hai saída coma aquel de hai xa tanto tempo que nin lembro canto, que a raíña de Inglaterra, que non saía dun disgusto para levar outro, non dubidou en cualificar de "Annus Horribilis".
Nos podemos dicir exactamente o mesmo, e non por problemas internos, nin moito menos, porque se de algo podo presumir, e ben alto ademais, e de estar acompañada por un equipo de auténtico luxo, formado por persoas dunha calidade humana mais que demostrada, e que son un exemplo de implicación e de coherencia, ademais de ter a certeza de que están ahí sempre, non soamente cando as cousas saen ben, se non tamén nos momentos duros, que cada vez, por desgraza, son mais frecuentes, algo propio daqueles que, ademais de ser boas persoas, cren no que están a facer, algo que non todo o mundo pode dicir.
O ano 2019 será xa lembrado para sempre por Si, hai saída coma aquel no que tivemos a confirmación mais que clara de que a nosa idea, coa que comezamos a camiñar e que nos resistíamos a rexeitar, de que na loita contra a violencia de xénero do que se trataba era de unir esforzos para tentar combatila é , ademais dunha inxenua utopía, unha lamentable e escandalosa mentira e que a cruda e dura realidade é que, lonxe deso, e obviando descarada e cruelmente as vidas que se está a cobrar, a dor, o terror que se vive tras moitas portas pechadas, é un negocio moi lucrativo para moitos, ademais dunha ferramenta para medrar política, social e mesmo socialmente.
É totalmente alucinante comprobar como persoas, e, por qué non dicilo, cabezas visibles dalgunhas institucións ou colectivos que considerábamos exemplos ou referentes na devandita loita ían, a medida que o tempo transcorría, amosándose como o que verdadeiramente son, auténticos desaprensivos que soamente se moven por intereses e que teñen na violencia machista, nas súas vítimas, unhos instrumentos perfectos para disfrazar de altruismo o que non é mais que negocio, un negocio ao que hai que atraer "socios" que o secunden, para o cal non hai mais que empregar con certa habilidade a táctica do cabalo e a cenoria, pero neste caso cun final bastante mais feliz que o da fábula, xa que nesta historia os cabalos que poñen empeño en acadar a cenoria e non reparan, ou finxen non reparar no egoismo do xinete, nin tampouco nas malas artes que emprega, e albiscando o beneficio que a súa "ignorancia" lles pode, case con toda seguridade, reportar, acaban tendo a súa recompensa, e finalmente consiguen non soamente facerse con ela, se non tamén acadar a garantía de que, en adiante, non lles van faltar cenorias, e mais, posiblemente non teñan que preocuparse mais por alcanzalas, porque lles van ser servidas sen problema ningún.
A única condición é continuar seguindo os pasos do xinete, dos outros xinetes que lle son afíns, e aparecer con eles, sempre sorrindo, e, por suposto, facer oidos xordos a todo aquelo que, nun momento dado, poida facer rechiar a conciencia, algo que, por outra banda, tampouco é tan difícil, e menos ainda cando se ten claro os beneficios que ignorala implica.
Ao fin e ao cabo sempre estivo un tanto sobrevalorada, porque pode chegar a amolar moito e a poñer serios atrancos para a consecución da cobizada cenoria.
Mellor ignorala ou mesmo "desactivala". Un problema menos!.
Malia eso non sempre se pode impedir que, de súpeto, e cando menos se espera, xurda alguén, neste caso un colectivo, Si, hai saída, con verdadeira implicación, coñecedores da realidade da violencia de xénero, das súas vítimas e cunha única prioridade:axudalas.
Nin a notoriedade, nin medrar profesionalmente, nin facer carreira nalgún eido que, sen dúbida, nos proporcionaría unha vida bastante mais sinxela, e ainda menos encher os nosos petos, forman parte do noso proxecto, e eso non está ben visto, porque, evidentemente, ten algunha consecuencia que non interesa, como a de deixar en evidencia moitas eivas que, a xuizo de moitos, deberían ficar onde e coma sempre estiveron: agochadas, ademais do productivo negocio que algúns acharon na desgraza de tantas mulleres.
Cando algo así ocorre, e se comeza a ter a certeza de que, como é o caso de Si, hai saída, o noso non é un capricho, nin a diversión dun grupo de persoas con moito tempo libre, nin tampouco un xeito de subir chanzos ou de medrar, se non que é, sinxelamente, o resultado dunha profunda convicción e fe no que estamos a facer, sen mais, e que non buscamos beneficio ningún, saltan as alarmas, e o primeiro paso para evitar "males maiores" foi, como non!, poñernos a cenoria diante, de feito varias cenorias.
Desde o primeiro momento deixamos claro que nos non somos proclives as carreiras atrás delas, e si ao esforzo, a independencia e a traballar duro para axudar as vítimas de violencia de xénero, sen necesidade de que se saiba, de que nos saquen en foto ningunha, pero con rigorosidade e sempre na procura de todo o mellor para elas.
Todo isto, por suposto, en perfecta convivencia coa nosa vontade de apoiar en todo canto poidamos a quen persigue o mesmo fin que nos, porque se supón que nesta loita, do que se trata é de sumar, e non de restar.
Agradecemos as ofertas, por suposto, pero a nosa liberdade implica tamén que decidamos dese xeito, libremente, se aceptalas ou non, e optamos polo segundo.
E ese foi, é, o noso gran delito,o delito de non pretender acadar rendemento de tanta dor.
O enorme delito de, non temendo perder nada, chamarlle as cousas polo seu nome, de non inclinar a cabeza diante daqueles que teñen o poder, sen faltarlles, por suposto, ao respecto, eso nunca, mais sen renderlles pleitesía. Non temos por qué.
Malia que eso foi algo que sempre nos sobrevoou, tivemos algunha época de relativa calma. Hoxe sabemos que ainda existía a esperanza de poder "facer carreira" de nos, pero no 2019, no que a política e os intereses se mesturaron dun xeito que os facía ser un, malia o cal Si, hai saída seguiu na liña de sempre, os empurróns para, dunha vez por todas, botarnos a cuneta, foron xa despoxados do mais elemental disimulo.
Moitos, a maioría, dos que finxían apoiarnos e que son "alguén" decidiron que xa abondaba de cortesías e que non pasar polo aro implica pagar unha peaxe, e cara ademais.
Non dubidaron en unir forzas e empregar todas as armas precisas, desde talonarios ata sonoras campañas mediáticas, pasando por outras de desprestixio de xeito mais encuberto, deixando caer nos oidos adoitados o mais conveniente para tentar retirarnos da circulación.
Tal vez acaben por conseguilo. Pouco ou nada pode facer contra os "poderosos" un colectivo que vai contra corrente, e que nada ten, agás tres cousas, e en abundancia ademais: Dignidade , coherencia coa tarefa que decidimos emprender e un profundo respecto polas mulleres vítimas de violencia de xénero.
Ainda así, e pase o que pase, non contemplamos, nin de lonxe, a posibilidade de abandonar nin mudar o que nos define desde o noso nacemento, e temos moi claro que, se un día temos que marchar, o faremos dignamente.
Namentres, temos que confesar que somos conscientes de ser culpables dun delito: O delito de non sacar rendemento da dor.
Asociación Si, hai saída