Tribuna Viva
Petición ó Concello da Illa de Arousa
Son veciño de A Illa de Arousa, teño un problema no meu domicilio. Para saír co meu coche non teño ningunha visibilidade e teño que saír a cegas, rara é a semana na que non levo algún susto e me quedo a centímetros de ter un accidente.
Pedinlle ó concello en varias ocasións verbalmente e o 1 de outubro por escrito que se instale un espello , asumindo eu o coste, para poder saír con seguridade pero non hai maneira. Nin o instalan nin responden ó escrito.
Manuel Cores
Veciño da Illa de Arousa