Celso Xavier Milleiro Sánchez
Emigración
A historia oficiosa de Marín lémbranos a emigración a Córdoba (Arxentina) no século XIX, aínda que tamén houbo unha forte fuxida de familias prominentes a outros países de América. De Mogor, moitos/as veciños/as partiron cara Portugal.
Apenas sabemos sobre o éxodo realizado polas clases populares, que foron quen de crear unha efémera sociedade denominada "Fillos de Marín" con delegacións en Montevideo e Bos Aires, cun claro obxectivo social que será clave para entender fenómenos posteriores como a creación das sociedades agrarias, a mellora do ensino, o asociacionismo ou o republicanismo militante.
Familias máis humildes non puideron pagar traxectos longos, mais no XX iniciaron un proceso de búsqueda dunha mellora das súas vidas no sector da pesca. Nun intre cara Vigo, posteriormente á Coruña, de seguido avanzaron alén da Galiza chegando a portos como Xixón, Huelva, Cádiz, Santander, etc, mais sobre todo ao emblemático Trintxerpe (Euskadi). Apelidos marinenses son facilmente identificábeis nestes portos.
Na organización societaria ficaron nomes como Ezequiel Carabelos, José Crespo Casal, Casiano Cernello ou Modesto Nantes. Outros persoeiros desenvolveron unha interesante actividade profesional onde se instalaron,caso de Benito Fernández Trigo como actor e produtor oude Rogelio Casás Cadilla como filántropo cultural
Hoxe en día aínda continúa a sangría migratoria, cunha perda abafante de poboación nos últimos anos.