Tribuna Viva
Canteiros de Poio, contra o maltrato da Paisaxe
Os Canteiros de Poio, asociación creada por exalumnos, da mesma, queremos facer un chamamento a reponsabilidade da clase política, sobre algunhas das últimas actuacións en obras levadas en granito galego, algo que como profisionais da pedra nos afecta directamente, e que consideramos unha grave agresión da Paisaxe.
A que consideramos a aberración máis grave dos últimos tempos, coa excusa do Xacobeo 2021 e o beneplácito de Alberto Nuñez Feijoo e a Xunta de Galicia é a agresiva limpeza da Catedral de Santiago, de súpeto foron borrados centos de anos de historia, temos que lembrar que o granito gaña co tempo, simplemente é preciso eliminar os colonizadores máis agresivos, e cubrir xuntas que o pecisen, para que a auga non faga estragos, é unha irresposabilidade eliminar na súa totalidade esa valiosa pátina, reflexo do tempo, e facer que pareza recién saida dun aserradeiro.
Actualmente as obras da Catedral están levándoas grandes empresas constructoras, que subcontratan a restauración, a outras empresas con déficit de formación a prezos irrisorios.
Outras das agresións notables, (constatables por parte de moitos cidadáns), son os monumentos, e conxuntos escultóricos, colocados dende fai anos en moitos dos espazos naturais e rotondas galegas, un exemplo sangrante disto foron as esculturas dos “carneiros o espeto de Moraña”, e deceas de monumentos máis, que seguen a ser colocadas coa aprobación de Carmela Silva presidenta da Deputación de Pontevedra.
A Escola de Cantería de Pontevedra xestiona moitos de estos, e os alumnos se ven obrigados a facer estas obras, por convenios con concellos da provincia, para intereses partidistas, teñen un pésimo sentido estético, deixan unha pegada lamentable por moitos anos, e un indicio do baixo nivel cultural da clase política.