Gonzalo Sancho
Suevos e Alanos
Recordo que de estudiantes, en historia nos explicaron que os pobos bárbaros que entraran en Hispania foron: Suevos, Vándalos e Alanos.
Cada vez que se fai unha falcatruada con nocturnidade levan a culpa os Vándalos. Quero pensar que no que vou contar de seguido, os responsables foron os Suevos ou os Alanos. Vámoslle dar a os Vándalos unha oportunidade.
Ao chegar a Marcón pola estrada EP-0003 hai un cartaz que dice "Benvido sexas forasteiro Marcón agradece a tua visita".
Frente a este muro está o cemiterio da Parroquia. Pegado a o seu muro hai uns contenedores. Os Suevos ou os Alanos deixaron alí un panel de buzóns de correo. Os buzóns teñen os nomes dos propietarios das viviendas. 21 caixas de correo. Dedúcese que proceden dun edificio do Centro de Pontevedra. Os propietarios e algunha firma comercial son actores subsidiarios deste feito, sin ter culpa posiblemente.
O máis normal e que se lle encargara o traballo de resposición destas caixas de correo a algún "profesional". A pesar de que o Concello de Pontevedra dispón de servicio de recollida, previo aviso telefónico, ademáis de punto limpio, este "profesional" Suevo ou Alano non tivo millor idea que deixalo alí delatando a quen seguramente pagoulle debidamente.
Co trato exquisito e educado que se recibe en Marcón a os de fora, ¿cómo se pode facer esto?. Os de Marcón cando veñen a Pontevedra
cidade acostuman a vir aseados, ben vestidos, educados. Non está ben levar a porcallada para outro sitio. Cada quen ten a sua responsabilidade.