Jorge Cubela López
Fillos da Historia e do sistema
Ábrense tempos de debate político, dobregando a politólogos e xuristas a fregarse as mans, nunha época que nada é inmutable, abrindo a caixa de pandora que a Constitución e a Transición non puideron pechar ao gusto de todos, o modelo territorial do Estado.
Creo que moitas das reticencias que hai en España en torno ao debate da conveniencia ou non da implantación do federalismo é provocada pola orixinalidade nacionalista ao falar do federalismo de nacións, ao que deberían referirse como confederación, o cal si que non ten base histórica. A Federación é outra cousa e o sistema autonómico pode asemellárselle.
Para os que se consideran centralistas, o Estado federal resolvería moitas das tensións nacionalistas, xa que lle daría estabilidade ao sistema. España sería unha nación cohesionada totalmente polo seu sistema federal, onde se recoñecesen a todos os Estados federados as mesmas capacidades por igual. Habería un sistema fiscal propio; os "lander españois" estarían representados nun Senado que actuase como auténtica cámara de representación territorial. Cun federalismo simétrico habería unha igualdade de competencias para cada entidade rexional, é dicir, cada territorio tería os mesmos poderes e non habería un sistema de Comunidades privilexiadas e outro de segunda categoría para os territorios con menos peso político.
Algúns Catedráticos de Dereito Constitucional catalogan a España como un Estado case-federal, é dicir, con elementos propios dun Estado Federal pero sen chegar a selo do todo.
Os argumentos para soster tal opinión é que en España hai un sistema autonómico que podería asimilarse no seu caso aos Estados Federados, pero sen ter a mesma capacidade fiscal, competencial e lexislativa que estes últimos.
Os nosos Estatutos de Autonomía poderían compararse ás Constitucións dos Estados federados, coa diferenza de que os nosos Estatutos, que son Leis Orgánicas especiais, sólamente recoñecen dous poderes, o lexislativo e o executivo, faltando o terceiro poder, xudicial, que si recoñecen as Constitucións dos países federados. Por iso, a diferenza cualitativa máis grande entre o Estado das Autonomías e un Estado federal é que as Comunidades Autónomas non teñen unha organización xudicial propia que xulgue as causas que se susciten segundo as súas Leis, senón que comparten o Poder Xudicial único do Estado Español.
Só temos na nosa historia un breve antecedente Federalista, a Constitución Republicana de 1873, que non chegou a ser promulgada, nun Réxime que en 11 meses chegou a ter 4 Presidentes até o pronunciamiento do Xeneral Martínez Campos.
En cambio, temos un sistema presente que deu cabida a que as comunidades que plebiscitaran os seus Estatutos de Autonomía durante a II República agora se lles recoñeza a capacidade para poder acudir ao Fondo de Liquidez Autonómico está é a gran verdade.
2.11.2012