Tribuna Viva
Reclamacións ao orzamento do Concello de Poio
Dende as asociacións Umia Vivo e Irmandade Illa de Tambo co apoio do colectivo pola defensa do patrimonio A Forneiriña presentaronse reclamacións o orzamento do concello de Poio para o exercicio de 2020 solicitando partida económica para o coidado do patrimonio arqueolóxico en situación de risco e para completar o estudio necesario para a recuperacion da titularidade da illa de tambo para uso civil.
A pesares de haber presentado reclamacións ao orzamento de 2018 e orzamento de 2019 o concello de Poio non mostra ningún interese polo coidado do patrimonio arqueolóxico destinado unha unica cantidade de 5.000 euros a patrimonio cultural mentres destina perto de medio millón de euros (469.000 euros) a festas.
E de lamentar a falta de interese de toda unha corporación que no pleno sobre a reclamación presentada rechazou a mesma e non mostrou ningunha receptividade nin interes polo patrimonio condenando a ocultación e o esquecemento un dos patrimonios mais singulares nun concello declarado de interes turístico.
Dende os colectivos ponse de manifesto a gravidade da situación ante a deixación que fan a Conselleria de Cultura, Deputacions e concellos no coidado do patrimonio polo que a sociedade deberá esixir responsabilidades polo incumplimento da legalidade e os tratados internacionais así como os danos que se lle poidan causar o patrimonio arqueolóxico milenario pola sua inactividade.
Asociacións Umia Vivo e Irmandade Illa de Tambo