Tribuna Viva
O enterro das denominacións tradicionais
Preocúpame o feito de que se estean enterrando en diferentes concellos as denominacións tradicionais nos rueiros. Sirvan como exemplos o Concello de Poio, que hai uns anos pretendía cambiar por petición dos veciños e veciñas o nome do camiño do Rabo de Porco porque o consideraban unha denominación malsoante e recentemente pretende substituír o nome rúa do Adro por rúa Pepe Solla, e o Concello de Ponte Caldelas, cuxo goberno decidiu que a praza da Fonte do Chafarís pase a chamarse praza Placeres Castellanos. Quero deixar claro que non penso que as persoas propostas para as novas denominacións non o merezan, mais non son partidario de poñer nomes de persoas ás rúas, polideportivos, auditorios etc.
Son máis partidario de que manteñamos e recuperemos as denominacións tradicionais que están baseadas xeralmente con sentido común en cuestións orográficas, botánicas, etnográficas etc., e se non...
QUE SIGA O ENTERRO!
Xosé Manuel Feijoó