Tribuna Viva
Desestimadas as reclamacións de Umia Vivo ao orzamento do Concello de Meis
Dende as asociacións Umia Vivo presentaronse reclamacións o orzamento do concello de Meis para o exercicio de 2020 solicitando partida económica para o coidado do patrimonio arqueolóxico en situación de risco poñendo como exemplo do abandono un dos petróglifos mais singulares do pais o petróglifo do Outeiro do Cribo para o que so se pide medidas urxentes de desbroce da biomasa e sinalización para evitar do danos dos incendios ou da maquinaria utilizada na realización de traballos forestais.
A asociación tamén presentou reclamación o orzamento do ano 2019 que foi desestimada polo PP (partido no goberno) co voto do PSOE (daquela na oposición) a favor da sua estimación.
A reclamación o orzamento de 2020 contou co rechazo unánime de toda a corporación cos 5 concelleiros/as do PSOE (que na actualidade goberna o concello) os 5 do PP e 1 do BNG.
E de lamentar a falta de interese da clase política e toda unha corporación que non mostrou ningunha receptividade nin interese polo patrimonio condenando a ocultación e o esquecemento o patrimonio milenario nun concello con importante afluencia turística.
Complicado futuro para o patrimonio herdado que temos a obriga de preservar para as xeneracións vindeiras cando todas as forzas políticas e dirixentes que xestionan os orzamentos da Consellería de Cultura, Deputacións e concellos neganse o seu coidado.
Ponse de manifesto a gravidade da situación polo que a sociedade deberá esixir responsabilidades polo incumprimento da legalidade e os tratados internacionais así como os danos que se lle poidan causar o patrimonio arqueolóxico.
Asociacións Umia Vivo