A casa donde vivía era coñecida como a do Cristo, estaba nunha zona despoblada e nela vivía Rosendo, a súa dona e un fillo.
O oficio de Albéitar era o que hoxe en día coñecemos como o de veterinario.
A albeitería foi a ciencia médica árabe dedicada á curación das enfermidades dos cabalos así como á cría, melloramento e reprodución da especie equina durante a Idade Media, alcanzando o seu esplendor e máximo desenvolvemento na España islámica e na España cristiá nos séculos XV, XVI e XVII.
Os pobos árabes foron quen introduciron o concepto, de feito a palabra albéitar provén do árabe a o-béitar.
Durante moitos anos os que se dedicaban a este oficio tiveron os seus máis e os seus menos cos veterinarios, un caso moi parecido aos médicos cos curandeiros.
Debido á necesidade de coidar dos animais de máis valor, xurdiu un grupo de individuos que se dedicaron con maior intensidade ao coidado deles. Inclusive estes homes, en ocasións, chegaron a atender os veciños, seguramente nos lugares onde a falta de médico era palpable e buscábase o remedio neles, á fin e ao cabo, era habitual recurrir ás veces aos boticarios, ou inclusive aos barbeiros para que exercesen de médicos, no fondo, temos que recoñecer, que en ocasións somos algo animais….penso eu.
Recibir o nomeamento de Albéitar, non soamente dábaselle a aqueles que herraban aos cabalos, era ademáis recoñecer a esa persoa como un sabio no concernente ao mundo equino, tiña gran coñecemento da súa anatomía, carácter, necesidades e debilidades. Non todos os ferreiros chegaban a ser albéitares….Soamente os máis preparados tiñan a condición de albéitar, en concreto os mestres ferreiros que eran elixidos nunha especie de concurso-oposición por outros albéitares ou mestres ferreiros de recoñecido prestixio.
Foron os Reis Católicos, no ano 1500, quenes crearon unha especie de oposición. E non é de estrañar, xa que o cabalo non soamente era elemento indispensable no traballo agrícola, o era tamén na guerra.
Os albéitares, ademais de herrar convenientemente aos cabalos, ocupábanse de sanar as súas enfermidades, desparasitarlos, castrarlos e ata practicarlles pequenas intervencións quirúrxicas. Non eran veterinarios ao modo dos actuais, pero si constituían o selecto grupo profesional capaz de intervir na saúde dos preciados equinos.
Rosendo seguramente sería un destes albéitares que recoñecía ter poucos coñecementos teóricos que calquera veterinario titulado, pero seguro que estaba convencido de que a súa formación práctica era mellor que a deles.
É esta práctica era unha vantaxe, a cal capacitáballes para curar calquera animal e demostrar aos veterinarios titulados que cada un mostrase a súa valía no momento de curar un animal, e así que sé xulgásenlle polos feitos probados.
O noso veciño Rosendo acostumbraba a curar os animais máis habituais que había na parroquia : cabalos, vacas, cabras e ovellas. Na nosa parroquia milenaria de Cerponzóns, aquela parroquia que fai anos a maioría dos seus veciños vivían do campo, tiñan unha necesidade básica, a de usar animais para as labores habituais, seguramente moitos destes animais que habitaban nas súas casas recibían atención médica dentro do marco doméstico e polos mesmos donos que os tiñan ao seu cargo, iso era debido aos coñecementos que se transmitían de xeración en xeración de forma oral e outras veces escrita.
Outras veces botaban man dos curandeiros e outras, cando non había máis remedio, dos albéitares. Todo dependía do "valor" do animal que había que curar, naqueles animais de elevado prezo o coidado era onde se investía máis cartos, non lle pasaba o mesmo a un can, por exemplo, o seu valor era mínimo e si morría non tiña gran preocupación, non era así si se enfermaba a mula, da que tanto dependía a unidade familiar. Pero non sucedía o mesmo na cidade, alí os nobres e a xente da burguesía, con máis capacidade económica, sempre tiñan a man aos albéitares, seguramente Rosendo era un deles, que de vez en cando pasaba a cabalo pola Ponte Malvar en dirección a cidade de Pontevedra.
A creación da primeira escola veterinaria en España tivo lugar en 1793, comezaba a falarse do veterinario e finalizaba a Albeitería. Foi o ministro de Carlos IV, Godoy, o que comezaba a denunciar a falta do ensino público dos estudos de veterinaria. Godoy solicita ao Rei que de orde de crear unha Escola Normal de Veterinaria (1793), sinalando que a milicia, o arma de cabalería, a agricultura, a salubridade dos gandos, o comercio e a industria sufrirían moito debido a esta falta de escola. Así, aos poucos, fóronse incrementando e diversificando máis centros, a Albeitería tiña os días contados.