Tribuna Viva
Pedaladas opina sobre a Ordenanza de Mobilidade
Hoxe ás 11:00 todo parece indicar que se vai aprobar a Ordenanza de Mobilidade de Pontevedra, con fortes restricións á bicicleta e na que non participamos nin se nos convocou para ningunha reunión previa. De feito o texto do que dispoñemos é filtrado.
O máis grave é que non conten ningunha medida de seguranza viaria para que as persoas usen a bicicleta con seguridade cando teñen que convivir cos automóbiles. Nin o 1.5m, nin unha distancia cando te sigue un automóbil, nin a autorización a acompañar coa bici aos nenos máis cativos pola beirarrúa, nin os remolques para levar carga ou nenos, nin as cadeiras de barra ou manillar, nin espazos de mobilidade activa compartida, nin facilidade de uso ás persoas máis maiores, nin facilidades de estacionamento nos lugares onde non existen os escasísimos estacionamentos de bici, nin facilidades para a cicloloxistica...
A bici, un vehículo sostible, con 0 emisións, que fomenta a saúde das persoas, que nunca ocasionou un hospitalizado grave e menos un falecido en Pontevedra dende o 1817, ano da súa invención da bicicleta, segue a tratarse como un problema na cidade, cando é un elemento nuclear no desenvolvemento dunha mobilidade sustentable.
O problema de base é que as persoas que están a lexislar sobre a bicicleta non son usuarios da mesma, e non entenden nin se enfrontan aos problemas que teñen que facer fronte as persoas que pretenden dar o salto do automóbil á bicicleta, os domina a obsesión con minoría de persoas que fan un mal uso da bicicleta. Esta obsesión levou a esta Ordenanza a afastarse de toda a lexislación aprobada no resto de cidades que están a promover a bicicleta como parte da solución á crise climática mundial e ao crecente problema de sedentarismo da nosa sociedade.
Hoxe é un día triste, un día no que se mostra a incapacidade Pedaladas para facer comprender aos representantes da cidadanía que o que pasa en Oslo, en New York, en Londres, en Sevilla, en Valencia, en Barcelona, en Copenhague, en Amsterdam, en París... é algo bo.
Un día que fai máis patente que nunca a sociedade vai moi por diante dos nosos representantes en Pontevedra. Xa hai 9 millóns de Españois, segun o Barómetro da Bicicleta da DXT,que usan a bicicleta a diario e Pontevedra non figura en ningunha das estadísticas coloca a Pontevedra en bó lugar desta transición do automóbil á bicicleta.
Os beneficios para a sociedade de que unha persoa use unha bicicleta son enormes, e superan os problemas desa minoría que non se sabe comportar aos que se lles permitiu ser incívicos. Esta permisividade ao final foi a xustificación para as restricións que todos teremos que asumir nunha sorte de vinganza administrativa en forma de Ordenanza.
Hoxe é un día triste e inxusto...
Pedaladas desculpase polo estrepitoso fracaso da nosa entidade en facilitar á cidadanía a uso da bicicleta, o máis difícil parecía que era convencer aos representantes de facer investimentos para facer igualitario o uso da bicicleta con unha pequena infraestrutura ciclista segregada e segura de vías ciclistas; pero conseguir que Pontevedra copiara a calquera das outras Ordenanzas de Mobilidade das grandes cidades nos parecía moi sinxelo e fracasamos por completo, a Ordenanza de Pontevedra non contén nin un elemento dos solicitados para dar seguridade e comodidade ás persoas que queren dar o salto do automóbil á bicicleta nos seus desprazamentos diarios
Asociación Pedaladas