Pedro J. Peón Estévez
Te espero en la esquina
Xa, xa sei que non é galego, que debería dicir “agárdote no curruncho, recanto, recuncho…” ou como vostede quixer, pero é que así se chamaba unha cafetería de Marín e veume á cabeza xusto agora. Que lhe imos facer…!
Esta historia podería ser imaxinaria pero non o é. Polo tanto, calquera semelhanza coa realidade non é, para nada, pura coincidencia.
Tanto ten como se chamase o “prota”. Digamos que era un de tantos. Con iso basta.
Xa tinha unha idade. Era, o que se di, integrante (forzoso) dese grupo de risco do que tanto falan nestes días.
Chegara o coronavirus pero a el xa o pilhaba preparado e pensaba conhearse del e torealo ben toreado tal como fixera con todos os microbios patóxenos que se lhe puxeron por diante ó longo da vida. Sufría un TOC polo orde e a limpeza en grao superlativo e unha hipocondria que sería a envexa do enfermo imaxinario de Molière.
A mulher deixárao por insoportable, vivía nuha burbulha e falaba con filhos e netos só por videoconferencia. Posuía toda sorte de protectores e remedios, industriais ou caseiros, habidos e por haber. Duchábase catro veces por día e lavaba as mans unhas seis…por hora!!
Baixaba de cando en cando ó súper enfundado no seu traxe hermético con luvas, carapucha, lentes e careta antigás. Mercaba productos envasados. Xamais frescos !!
Ía cada día ó bar a ler a prensa. Levaba da casa a súa taza, o seu azúcre, a súa palha aséptica. Só levantaba un pouco a careta para sorber o café mentres olhaba o periódico.
Onte non apareceu por ningures e a vecinhanza extranhouse. Logo souberon que estaba no hospital loitando desesperadamente co coronavirus. Ninguén daba creto. “Pero se se tomaba mil coidados”, dicían.
O que o matou foi ese costume incosciente que moitos temos de molhar o dedo para pasar a páxina do xornal. Sobre todo os que temos a pel seca.
Porque alí estaba o bicho; agardando (ó fondo á dereita a pé de páxina) polo insensato dedo gordo.