Juan José Esperón
Reflexión sobre os profesionais sanitarios
En momentos como estes que estamos vivindo, quero deixar a miña reflexión.
Supoño que ningún de nós imaxinouse que a nosa sanidade e os seus traballadores tivesen que pasar polo que está pasando. Desde hai anos os profesionais da sanidade pública forman un dos colectivos peor tratados pola nosa sociedade, eles están e sempre estiveron ás duras e ás maduras, non así a sanidade privada, que ten grandes axudas de financiamento público e parece que isto non vai con eles.
Quen se podía imaxinar que a nosa sanidade tivese que pasar por todos os recortes que sufriu? E aquí meto a todos os partidos políticos, que dependendo a comunidade autónoma que gobernasen, por uns ou por outros, sufriron recortes ano tras ano. Agora, nestes días de máxima alerta, os nosos sanitarios están dándoo todo, sen poder recuperar todo o seu antigo potencial, teñen que enfrontarse a unha situación que pode levar ao colapso.
Sempre que puiden estiven apoiando as manifestacións que a través de diversos colectivos da sanidade pública fóronse realizando e seguiranse facendo, seguirei manifestándome individualmente é en representación da Asociación de Veciños na cal estou de directivo.
É moi bonito saír ás dez da noite ao balcón e poñerse a aplaudir (hai que recoñecer que foi emocionante) pero tamén é necesario manifestarse, comprometerse, alzar a voz, apoiar e reivindicar unha sanidade pública con todas as garantías posibles.
Só espero que tras pasar esta pandemia, que oxalá sexa o máis rápido posible, salgamos á rúa para agradecer aos profesionais da sanidade todo o seu esforzo e para reclamar unha vez máis unha SANIDADE PÚBLICA sen recortes.
A vida vainos niso!
Finalizo cunha pregunta, imaxinádesvos que os profesionais da sanidade pública se puxesen en folga nestes días reclamando os seus dereitos? Outros sectores fixérono...