Pedro J. Peón Estévez
Dez días de emerxencia
O estado de obrigada, de solidaria reclusión, que nos toca vivir provocou unha eclosión de inspiración sen precedentes. Cadaquén sacou o artista que leva dentro co galho de alentar ó próximo do xeito máis inxenioso e altruísta organizando verdadeiras revistas musicais de balcón ou inzando as redes de milhóns de frases de ánimo, cando non palmeando na baranda aproveitando que é de balde. Tamén hai quen verte nelas (nas redes) o fel rancio das suas entranhas, ese odio visceral e secular , esa xenofobia irracional tan súa...Pero non pasa nada; eses son só unha minoría acomplexada e fustrada.
Pois si companheiros; o poeta que seica levo dentro tamén debeza por sair, mais non o consegue. E é que son, de natural, negativo ou, cando menos, escéptico e "podería escribir os versos máis tristes esta noite..." pero non son Neruda. Realmente non son ninguén.
A biofóbica celulosa aproveita o estado de alarma para trabalhar arreo como se non houbera manhán. Toma solidariedade! E din os seus valedores que é para producir pasta para facer o papel tisú das mascarilhas e electricidade para o povo. Se a celulosa vendese estes productos sería unha factoría que trabalha para ganhar dinheiro . Ata aquí todo ben. Pero, segundo os seus valedores, a celulosa é unha especie de ong, de "hermanita" dos pobres desamparados que só pensa no ben común...quen vos dera piche...!
O que si é un ben común, ademais de escaso e, teoricamente, de prioritario uso doméstico é o río de auga potable que a celulosa consome a diario, máxime nestes días en que mandan lavarse a miúdo. Pensen un intre: se se acaba a auga, que vai ser de nós?
Polo demais, o feito de que trabalhen ou non é algo que nin me vai nin me vén. Penso que só é unha provocación; un desafío o actual governo. Unha machada.
Fóra isto, é un pracer comprobar como unhxs poucxs están a facer tanto por tantxs. Elxs son xs verdadeirxs heroes/ínas que moi logo serán homenaxeadxs polos propios recortadores da Sanidade Pública. Por certo...úlo o "non grato" ?
Só me falta engadir que o tal virus chega tarde. A min sempre me puxeron doente, só de vélos, Feijóo, Casado, Rueda e moitos, moitos máis recortadores que tenhen o rostro, a desvergonza de reclamar ó novo governo os medios que eles mesmos recortaron. Sálvanos que non temos "xestionando" esta crise ó "senhor de los hilillos". O melhor que podían facer os Papulares é ponher a Rafa Hernando a insultar ó coronavirus a ver se se asusta e marcha. Ou mesmo non lhe aganta a olhada ó Aznar e vaise co rabo entre as pernas.
Pero moito me temo que este virus pasa moito de banderolas e estandartes, patriotismos desatados, marcialidades varias, vivas e arribas, berros, ameazas, deuses e patrias. Así que ponhámosnos ó rego e deixémosnos de caralhadas.
Cando saiamos desta (que sairemos con ben) e miremos atrás, veremos que unha vez trunfou a vida, mal que pese ós que buscan destacar sen estudar nin trabalhar. Eses que vostede e máis eu sabemos.
Agardo que aprendamos disto. Que nos fagamos máis esixentes, máis críticxs. Que aprendamos a ser conscientes dos nosos límites e tamén da nosa forza como sociedade. Que valoremos e melhoremos o común. Que respetemos a todxs independentemente da súa orixe, idade, condición, cor, sexo, relixión...
Os maiores privámosnos dos nosos paseos con detrimento da nosa saúde. Peor ténhenno os nenos. Moitos deles aínda son moi pequenos para comprender esta situación. Viron o vídeo da pequena Bea ? Os nosos netinhos levan dez días recluídos inventando o que non hai: xogan, limpan, cantan, cocinhan, fan exercicio, escriben, improvisan teatro, len, bailan, pintan...Eles son os que necesitan sair á rúa e non certo cidadán que reivindica o seu "dereito" a facer deporte pola rúa. A este egoísta máis lhe vale quedar na casa e agocharse baixo a cama co penico por monteira.
Repito; aprenderemos algo ou seguiremos na mesma ? Xa o dixen, eu son excéptico. Eu acabo de ver a De Guindos na televisión e tiven unha recaída.