Gonzalo Sancho
Pan e pasteliños en tempos de coronavirus
Posiblemente o pan sexa un dos productos de alimentación máis antigos da humanidade. Si non foi o pan, deberon ser outras variantes de cereais moidos, con auga e quentados ao lume. Quen comeu o gran en certa cantidade, sin moer, ben sabe o indixesto que resulta.
Grazas aos documentais e os medios tecnolóxicos podemos comprobar que esto é así, vendo esas tribus sabias e paleolíticas que manteñen atávicas e atemporais sua maneira de vivir.
Para non perderme en datos históricos quero aclarar que si ben é certo que o oficio máis antigo da humanidade non foi o de panadeiro; todos precisamos do pan para poñernos a traballar. Incluso os clientes que dan sustento a toda profesión, urxen pan.
Miña sogra contaba que cando facían o pan, ou o pan trigo na lareira da casa, a broa duraba ata duas semanas sin perder frescura. Ou a lo menos bastante máis tenro que o industrial de agora en doce horas.
Xa non se fai o pan na casa porque o noso aburguesado e celebrado nivel de vida permítenos mercalo sin problema. Como si facelo un mesmo fose menoscabo social ou unha vergoña. Tampouco nos ten que avergoñar facer poias, como lle chaman as bolas en Cea. (bolas de pan).
Esto que vou contar xa pasaba antes do coronavirus. Chega un a panadería e seguindo o protocolo regulado en estos tempos de pandemia, tes que poñerte a cola; bueno antes tamén. As colas agora son algo máis lentas e hai que esperar. Esto non é millor que quedar na casa polo risco de contaxio. Si a xente non leva máis que pan, entón todo sae como en churrería, non en panadería. Agás que alguén que estaba antes que ti, pida o pan e unha ducia de pasteis. Acostuma a pasar que te vai tocar xustiño co que estaba inmediatamente antes que ti. Acostuma tamén a pasar que a parella do que está a mercar é un tanto rariño para a confitería. - Ay, ese no me lo des porque a mi marido no le gusta el chocolate. Ay, ese no porque nosotros te somos más de nata que de crema pastelera - .
Dixen unha ducia de pasteis e non vou chegar ao terceiro para non aburrirlles. Xa nos chega a os que estamos a espera.
Disfruten do pan e tamén dos pastéis. Si pode ser cerca dunha lareira observando o lume; ese que fainos perder a mirada e momentaneamente o noción do tempo, moito millor para levar esta dura cartarse e reseso confinamento.