Marta Rodríguez Engroba
Confinadas co inimigo no rural. As vítimas invisibles
Non vou incidir unha vez mais no que xa repetín tantas vecesnesta tempada sobre a escasa relevancia que se lle está a dar a violencia de xénero, as súas vítimas, desde que se iniciou o illamento que nos recluíu a todos nas nosas casas, e que é unha auténtica bomba de reloxería para tantas mulleres.
Agás algunha escasísima mención que non vai mais alá das estatísticas e porcentaxes as que sempre se recorre, e ao anuncio dalgunha campaña da que tampouco se coñecen os resultados e que, coma sempre, deixa fora a cantos, polo noso traballo diario coas mulleres afectadas, poderíamos aportar información de utilidade, pero que, sistemáticamente somos ignorados, tendo, ademais, unha sospeitosa tintura electoral, a semana que remata, a quinta de confinamento, seguiu a tónica das precedentes .
A violencia machista, malia a súa gravidade, non semella merecer nin o mais mínimo espazo na crónica diaria da pandemia.
É, sen dúbida, un agravio non soamente hacia as vítimas, se non tamén hacia os que, tentando axudalas, estamos a vivir con verdadeira angustia esta desinformación, xa que deixa en evidencia a auténtica e escasa importancia que se lle da a unha das plagas que mais vidas se cobra.
Isto afecta, por suposto, a todas e cada unha das vítimas de malos tratos para as que o confinamento xunto co seu agresor supón unha espada de Damocles enriba das súas cabezas, que, case con toda probabilidade, acabará por deixarse sentir con todo o seu peso, pero se hai un sector delas especialmente afectado, e especialmente esquecido, é o formado polas mulleres vítimas da violencia machista no rural, unhas mulleres as que non sempre se ten en conta, de feito case nunca, e as que a crise do coronavirus convertiu directamente en invisibles.
Se para as mulleres do núcleo urbano que se atopan nestes días presas cos seus maltratadores, sen poder escapar a gran maioría ao seu control, nin poder, porén, pedir axuda, por moitos números de teléfono que se poñan a súa disposición, nin mais campañas que se poñan en marcha, xa que se nalgún momento saen a rúa, a práctica totalidade delas o farán acompañadas das súas parellas, porque se en algo son hábiles eses indesexables é en non deixar nin un so cabo solto que lles brinde as súas presas nin a mais mínima posibilidade de pedir axuda, as actuais circunstancias son unha auténtica polvoreira, pregaría que alguén tentase por un momento tomar conciencia da dimensión que unha situación semellante adquire para unha muller que viva no rural.
Casas illadas en moitos casos, sen veciños próximos, porén, aos que pedir axuda.
Improbable que dispoñan dun teléfono móvil, ou, no caso de telo, de poder utilizalo con liberdade, sen esquecer as dificultades de cobertura en moitas zonas, cando non a total falta dela.
Se a vivenda dispón de teléfono fixo, raramente vai estar nunha estancia que lle procure a intimidade precisa para poder pedir axuda sen ser escoitada polo agresor, ou mesmo pola familia deste, xa que ainda a día de hoxe continúa sendo habitual que, unha vez casados, a muller se traslade a casa familiar do marido, convivindo coa familia deste, familia, no caso de ser isto así, que, agás rarísimas excepcións, vai apoialo a él e non lle vai facilitar a ela para nada a posibilidade de fuxir, e eso no mellor dos casos, xa que non son poucos aqueles nos que os parentes do home, de ser coñecedores da situación, a culpen a ela, sendo cómplices do maltrato, se non con agresións físicas, si verbal e psicolóxicamente, minguando a xa minada fortaleza da muller.
A situación non se presenta mellor se a familia non se posiciona contra ela, pero, sendo as veces aqueles que a forman, de idade avanzada e mesmo atopándose nunha situación de dependencia, sendo ela a encargada dos seus coidados, polo que a posibilidade de marchar é, sinxelamente, impensable, algo que sucede igualmente se existen fillos menores.
Se en calquera outra circunstancia, a posibilidade de, ante unha agresión e aproveitando un momento de ausencia do home, denunciar, é, en circunstancias normais, complicada, actualmente convírtese en imposible, xa que a convivencia vai ser forzosa as vintecatro horas do día, mesmo malia que se continúen facendo as tarefas agrícolas, coidado de animais, etc, xa que normalmente estas se levan a cabo preto da casa, polo cal a vixiancia e constante.
Non dispoñen de medio de transporte propio, posiblemente tampouco de carné de conducir, e, malia que non sexa así, se fai uso do vehículo familiar para, por exemplo, trasladarse a algún pobo próximo a facer a compra, o fará acompañada do home, que conducirá e que non a deixará soa.
O mesmo sucederá no caso de tentar ir a farmacia, polo que a campaña da contrasinal pedindo unha máscara posta en marcha tampouco será unha opción para ela.
De feito, é bastante dubidoso que chegue a entrar soa no establecemento.
Nin siquera ese pequeno alivio que lle proporcionaban as horas que él pasaba no bar existe agora, con este pechado, e si, pola contra, un risco engadido, xa que o consumo de alcohol no fogar vai aumentar e con él a agresividade.
Así as cousas, a única posibilidade que se lles brinda a estas mulleres é a de someterse ainda mais ao seu maltratador, mesmo a familia, e rezar para sobrevivir a un golpe mal dado, ou a unha coitelada, e non soamente elas, se non tamén seus fillos.
Tampouco as que viven en zonas mais poboadas o teñen mais doado.
Se algún veciño escoita os seus berros, ou mesmo é testemuña dalgunha agresión, é bastante improbable que faga nada para axudala, por aquelo de que non hai que meterse nas cousas das parellas, ademais de por unha mais que cuestionable lealdade veciñal, cando non a acusen a ela de provocalo co seu comportamento pouco apropiado, ou non todo o sumiso que sería de desexar nunha muller “como é debido”.
Escasas posibilidades de éxito tería así mesmo a pouco probable correcta reacción dun veciño “rara avis” que, sendo coñecedor, ou testemuña, dunha agresión, chame a G. Civil, xa que, en non poucas ocasións, o agresor e os axentes son compañeiros de taberna e cervexas, polo que as medidas que se van a aplicar non van ir moito mais alá dunhos cantos comentarios machistas, e poden, pola contra, incrementar de xeito notable o risco que a muller corre.
Este é, a grandes rasgos, o panorama que están a vivir as vítimas da violencia machista do rural, as que, desde o día 13 de Marzo, no que se decretou o estado de alarma, non escoitei mencionar nin unha soa vez.
Pasaron de ser, as grandes esquecidas, a, directamente, invisibles.
Se isto é de recibo.......Máxime cando me consta que hai algún “chiringuito” por ahí lle da calorciño aos petos levando a súa “mensaxe” contra a violencia de xénero de pobo en pobo, pero claro, con público e personalidades varias sentadas na primeira fila.
Nin institucións, nin grupos políticos, nin colectivos deses que son mais feministas que ninguén, e nos tachan a todos os demais de non selo dabondo, semellan decatarse da súa existencia, ou preocuparse polo perigo que corren, do inferno que están a vivir, nin moito menos intentar saber que se está a facer por axudalas, se é que se está a facer algo.
A implicación, a sororidade, a empatía, semellan estar desaparecidas.
Polo que se ve, cando non hai pancartas e fotos, a preocupación mingua.
Estarán reservando forzas para o 25 de Novembro, que malo será que para daquela non teñamos acadado xa unha certa normalidade, e hai que implicarse como é debido, deixando constancia pública do que se fai.
Se ninguén se entera, é unha parvada. Traballar ao tonto!.
Non hai excusa, e o que si existe é un perigo real, moi real, para estas mulleres.
En calquera caso, e malia que non son amiga das apostas, permitídeme que, no nome de Si, hai saída, vos faga unha.
Qué vos apostades a que, despois de publicarse este artigo, algo xurde por ahí?.
Porque unha cousa é que non se queira contar con nos, e outra ben distinta que as nosas ideas non se teñan en conta.....con outra sinatura, eso si.
Ahí o deixo.
Asociación Si, hai saída