Tribuna Viva
Penso que hai que repensar as necesidades reais, xa é necesario e urxente, dos cidadáns na cidade de Pontevedra
Pontevedra, ademáis de algún nenos, ten unha poboación de idade superior aos sesenta anos, con boa calidade de vida que chegan ata incluso os 90 e os 100 anos. Pero que sucede con estos grupos, xa maioritarios na cidade, desta idade?
Alguns teñen problemas musculares e de dificultade de deambulación, e non se lles debería de limitar o uso dos espazos de lecer, xa que para moitos a única posibilidade de achegarse é en vehículo. En Pontevedra non hai un transporte público circular para que os maiores poidan chegar a pasear; sen ir máis lonxe: pola beira do río, Illa do Covo, Illa das Esculturas. E necesario, por tanto, un microbús eléctrico que faga un percorrido pola cidade de forma circular, para os nosos maiores, (non só pensando nos turistas) que tamén pode ser útil, pero os nosos son os que o necesitan e dependendo da sua renda, debería ser gratuíto, como mínimo para os maiores de 75 anos (como ocorre noutras partes do Estado).
Na fase 0 da desescalada, do virus COVID 19, as medidas implantadas para evitar os contaxios, foron fixadas por franxas horarias e de ídade,- e continúo falando dos maiores- podían saír pasear entre as 10:00 e as 12:00 e pola tarde de 19:00 a 20:00 horas, verdade? Pois ben, en Pontevedra, con tanta zona de lecer, resulta que non hai ni un só servizo público, para que os nosos maiores, eviten torturas innecesarias de contención da vexiga,. Coa hostelería pechada, non hai modo de camiñar sen que xurda a necesidade da utilización do servizo. Ou sexa que, puideron camiñar…pouco!
Agora ben, xa non só pensando nos nosos maiores, para os cales, queremos a mellor vellez, pero tamén para os que, pasamos dos 40 e para os nenos necesitamos un servizo público, porque… co a que temos enriba, moito dubido, que a hostelería esté disposta a deixar pasar os seus servizos a toda persoa que o necesite, porque van a ter que desinfectar cada vez que alguén faga uso do seu servicizo, e ademáis penso que a hostalería ten os servizos para os seus clientes e non hai por que obrigar a consumir á cidadania para ir o servizo (non todos poden permitírsello) Por iso, é necesario e urxente que se monten servizos públicos autolimpables, utilizables con moedas de 20 cts, 30 cts ou 50cts de euro en varias zonas da cidade, sen ter que ser a gasolineira do BURGO (o único punto aberto ate o día 9 de maio)
Neste fase, eu non mirei a ninguén coa botellita de auga…..
E por suposto, tamen é necesario, en cada un dos parques de lecer de Pontevedra, equipos de exercicio biosaludable, ¡non hai ni un!, e en calquera bisbarra por pequena que sexa, teñen por certo máis de un (houbo un en Campolongo e quitouse, e non tivo un substituto adecuado).
E por favor pranten mais árbores, na sua época, no outono, que o sol e cada vez máis dañino é provoca moitas enfermidades graves da pel., Humanización dos bancos de pedra de Campolongo, por bancos de madeira con respaldo, para que os maiores poidan sentarse
En resumo -
1)S ERVIZOS PUBLICOS
2). Transporte público circular gratuíto para os maiores de 75 anos
3) Máquinas de exercicios biosaudables
4).E máis árbores.
5). Bancos de madeira con respaldo
Ben pouca inversión é, e canto beneficio en saúde se obtería para a cidadania de Pontevedra
Pontevedra a 11 de Maio de 2020
Victoria E. Juncal Blanco