Antón Roel Villanueva
Outro aldraxe no río dos Gafos
Hai uns cantos anos, veciños e veciñas da contorna do rio dos Gafos acordaron nomear a carballeira do paseo detrás do edificio de Sanidade Exterior xusto antes onde o rio perde a sua luz como Carballeira Manuel Maria en homenaxe ao poeta da natureza. Dende aquela xa van catro carteis que desaparecen e veciños e veciñas con moito esforzo teñen que repor. O derradeiro foi durante o confinamento cando todos estabamos nas nosas casas respectando as normas de sanidade para salvar vidas alguén, saltándose as normas e pondo a saúde de todos en perigo, sacou o cartel (que nós pensamos non molestaba a ninguén) só por maldade e cobardia, pois non se entende por que molesta o nomear cun nome de poeta a unha carballeira.
Era un cartel diferente de aluminio cunha fotografia e un poema do poeta. Pensouse en facer unha cartel máis bonito e que perdurara algo máis no tempo. Investíronse cartos e tempo e fixouse con cemento no chan, pero non serviu de nada. O máis razoabel seria, se alguén non lle gustase o nome, que propuxera outro personaxe e non destragar a vontade e iniciativa de moitos veciños que só pretenden pór nome á derradeira carballeira urbana e pensaron que o máis axeitado seria porlle o dun poeta comprometido coa natureza .
Agora, os veciños e veciñas cansos xa de que lles arrinquen os carteis decidiron solicitar por rexistro ao Concello e Deputacion colocar un monolito de pedra cunha placa, a ver se asi dura máis e se a alguén non lle gusta que faga o mesmo e solicite outro nome para a carballeira, que non estrague o traballo que fan outros. E se queren facer algo polo rio que o limpen e coiden e non destrúan o traballo doutros. Tamén para dita contorna do paseo do Gafos pensouse que o concello negocie coa Xunta a cesion dos xardíns de Sanidade Exterior e cunha pasarela de madeira unila á carballeira no Gafos, como xa se fixo en Monte Porreiro cos xardins da UNED, e gañar asi outro espazo para o lecer da ciudania. Non se entende ter privatizado uns xardins que deberian ser de goce de todos.
Agora, co retorno a normalidade despois de moito tempo confinados, decatámonos da importancia que ten o dispor de espazos para o lecer sobre todo para os nosos maiores, agora que vén o bo tempo para poder desfrutar da frescura de paseos a carón do rio e dotar de máis arbores e bancos á contorna do rio. É un privilexio ter espazos axeitados moi preto do centro da cidade e cantos máis espazos se poidan habilitar moito mellor para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores que tanto sufriron ca pandemia e, como xa se fixo nalguha das nosas praias, a carballeira do Gafos será un bo lugar para pór libros para que se poidan ler sentados nun banco coa tranqulidade do marmurio do rio. E para gardalos despois de lelos se poderían reciclar e acondicionar as vellas cabinas telefonicas xa en dexuso e darlle unha nova utilidade.