Tribuna Viva
Manifesto da campaña Panos Brancos Contra A Droga
Hoxe, día 26 de xuño, Galicia súmase ao Día Internacional contra o consumo indebido e o tráfico ilícito de drogas instaurado pola ONU. Sociedade, goberno da Xunta de Galicia, institucións e concellos galegos, chamados a participar a través da Federación Galega de Municipios e Provincias -FEGAMP- súmanse a esta data.
En Galicia conmemoramos este día co símbolo das bandeiras brancas como aposta por unha vida saudable, unha vida limpa que enriquece ás personas, fronte ó escuro mundo das adiccións e o tráfico de drogas. E facémolo cun recordo especial para todas as persoas que perderon ou arruinaron as súas vidas por mor da adición ás drogas. Para as víctimas e as súas familias, para os que loitan por reconstruir as súas vidas.
Neste tempo marcado pola pandemia e as súas consecuencias é necesario recordar que antes, durante e despóis do coronavirus seguimos a ter importantes problemas sen resolver. Que nesta sociedade temos un problema moi grave coas drogas e outras adiccións é máis que evidente.
Vivimos malos tempos porque en moitos ámbitos asúmese como normal a inxesta de alcohol e outras drogas coma sinónimo de diversión. E nada máis lonxe da realidade.
O culto ó alcohol e outras sustancias comporta graves danos para a saúde das persoas, con implicación directa en accidentes de tráfico, violencia de xénero, abusos sexuais e incluso fracaso escolar. Denunciamos, como tamén se fai tamén a nivel estatal, o incremento das adiccións sen sustancia entre menores e mocidade. O xogo e as apostas, tanto presenciales como online, avanzan perigosamente e necesitamos protexer a menores e maiores. A Prevención e a Educación (na casa e na escola) son novamente a clave.
Neste día internacional, fagamos unha aposta pola saúde. Gobernos e cidadáns.
En cada casa, en cada familia, en cada grupo de amigos fomentemos o deporte, a música, a cultura, o ocio e as actividades compartidas para disfrutar do verán e da vida cos cinco sentidos.
Instamos aos nosos gobernos -a todos- a poñerse a traballar de inmediato con programas e accións concretas, con políticas decididas de Prevención e Educación. A saúde e a seguridade das persoas deben ser unha prioridade.
Pola outra parte, en Galicia seguen a confluir os problemas de adicción as drogas xunto coa existencia de importantes redes criminais adicadas ó narcotráfico. No actual escenario de sobreproducción mundial, traficantes de medio mundo seguen tendo a Galicia e o resto de España na súa diana e miles de quilos seguen entrando polas nosas costas hacia Europa. Os datos non deixan lugar á dúbida: oito toneladas de cocaína decomisadas só durante a corentena; unha cifra inasumible.
Neste contexto, o rexeitamento social é un factor de suma importancia e no que Galicia -co esforzo de todos e o sufrimento de moitos- comenza a ser un referente.
Atrás quedan os tempos nos que o narcotráfico contaminaba a toda a sociedade.
Nesta terra sabemos desde fai moito tempo que os narcotraficantes non son heroes, nin filántropos, senon delincuentes rexeitados pola sociedade galega. Sen dúbida que temos avanzado, pero non é suficiente. Se queremos realmente mellorar as cousas, temos que ir máis adiante.
Seguemos a ollar con máxima preocupación a reiteración no delito de moitos traficantes, criminais multirreincidentes, que unha e outra vez entran e saen do cárcere aproveitando facilidades legais para seguir traficando coa morte e a ruina das persoas. E traspasando este sinistro negocio de pais a fillos, e de fillos a netos. Porque a pesar dos pesares, parece que a algúns aínda lles sae rentable. Intolerable. Un grave perigo para a nosa seguridade que non debemos nin podemos permitir.
Crime organizado, axustes de contas, branqueo de capitais, corrupción, mafias internacionais, terrorismo, morte, destrucción, sufrimento... asentanse alí donde prospera o narcotráfico. Combatir esta ameaza debe ter a máxima prioridade para todos, sociedade e gobernos.
Por todo iso, dicimos unha vez máis -alto e claro- que en Galicia non queremos drogas nin narcotraficantes.
FUNDACIÓN GALEGA CONTRA O NARCOTRÁFICO