Tribuna Viva
A Plataforma de Lourizán sinala que votar Feijóo é votar "Ampliación, ampliación, ampliación"
A Plataforma veciñal de Lourizán lamenta que Feijóo faga electoralismo coa posible ampliación da EDAR dos Praceres, facendo "propaganda barata" en período electoral, ao falar de reducir o impacto visual coa ampliación e de construír un campo de fútbol como contrapartida: "Hai que sinalar que Feijóo pretende consolidar os recheos feitos sobre parte do banco marisqueiro dos Praceres, e que eses terreos están por debaixo do nivel do mar. Así que pretende ampliar unha EDAR en terrreos que están por debaixo do nivel do mar, ignorando totalmente os posibes efectos do cambio climático. Porque Feijóo tamén falou co primo de Rajoy. E que a cambio, promete un campo de fútbol, para comprar vontades, e conseguir votos, cando a Lei de Costas non o permite. Hai que recordar que xa había un campo de futbol e que foi desmantelado por estar en terreos gañados ao mar. Feijóo está a enganar á xente".
Desde a Plataforma móstranse sorprendidos de que Feijóo use electoralmente o tema da ampliación porque consideran que, en Lourizán alomenos, non lle vai dar votos, a non ser que pense que a xente se vai vender polo anuncio do campo de fútbol: "Se houbera un referéndum en Lourizán sairía maioritariamente o rexeitamento á ampliación". Por iso é importante que a xente saiba que unha victoria de Feijóo suporía luz verde á ampliación. E que un cambio de goberno suporía a búsqueda de alternativas. Todos os partidos se opoñen á ampliación, agás o de Feijóo. Os veciños deben saber que votar Feijóo é votar "Ampliación, Ampliación, Ampliación";. Ante tanta incompetencia, tanta sobervia, tanta falsedade e tanto interese oculto, só nos queda berrar: ";Vayase, Sr. Feijóo! Váyase! Ya!".
PLATAFORMA VECIÑAL DE LOURIZÁN NON Á AMPLIACIÓN