Xesús López Fernández
O caso Bárcenas e o Estado de dereito
Non imos facer historia do caso Bárcenas, dos casos Bárcenas, dende aquelas primeiras noticias sobre contas en Suiza, fortunas situadas en paraísos fiscales, presuntos cobros en B de non poucos dirixentes do PP, simplemente porque a verdade total parece que aínda se vai tardar en conocer, se algún día se conoce.
Dende que o PP prescindeu do ex-tesoureiro, a táctica deste home parece que cambiou. Agora encarcerado, chamado a declarare polo xués Ruz en relación coa información aflorada polo diario El Mundo, o home está aportando nova información. Gómez de Liaño di que está decindo a verdade. Confirma os pagos en B, 90000 euros do PP pontevedrés entregados a Mariano Rajoy e a Cospedal, no 2009/2010, en billetes de cincocentos, pero sen aportar recibí da dita cantidade. Eso deixa o testimonio un tanto descafeinado e talvez non teñamos noticia da verdade ata o xuicio oral.
Por outra banda, as declaraciós feitas por Rajoy ante os medios aparecen en principio manipuladas, pactada antre o PP e o ABC a primeira das intervenciós durante a roda de prensa de Rajoy, outorgado o primeiro turno ó representante de ABC. Teñamos presente, sí, a afirmación do presidente do Goberno no sentido de que non se vai permitire a chantaxe ó Estado de dereito. ¿E qué quer decir coesto o presidente? Porque probas de presuntas chantaxes ou burlas do Estado de dereito hainas.
Algo debe saber Rajoy de por qué se construeu o ferrocarril ó porto de Marín, profanando terreo demanial, 55.000 mt2, como denunciaba o ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar en relación coa obra promovida polo ministerio de Fomento do mesmo goberno. Lembrémo-la oposición veciñal, e o exercicio da acción popular polas xentes que daquela foran masacradas pola Policía Nacional que, tempo despois, sóupose non actuaran na defensa do Estado de dereito (mais ben como exército particular do clúster portuario), o que sí facían os veciños d´Os Praceres. Anos despois, no 2007, en marzo, o TS dictaba sentencia: o ferrocarril, ilegal. E o que é peor, aínda desta volta a sentencia, como outras sentencias dictadas polo Tribunal Supremo permanecen sen executaren, por exemplo o levantamento dos recheos da Autoridade Portuaria, 300000 mt.2 de lámina d´auga onde, curiosamente, algunhas empresas non relacionadas co mar e unha clalusurada lonxe de aquí, por contaminante, atoparon solar.
¿Por qué non se executan esas sentencias, quén está aquí a chantaxeare o Estado de dereito? Rajoy pode sabelo, se quixer. E sería bo que fixera algo máis pola salvación desta ría prá que algús non teñen outra cousa que proiectos finalistas: Pontevedra xa carece de mar, salvo que se fagan os deberes e se asuman os traballos rexeneracionistas de recuperación litoral, que os políticos acaben coa súa burla contra o Estado de dereito. Os traidores poden estar no seu bando, ser incluso amigos. E sería bo que o señor Bárcenas aportara máis luces sobre a orixe deses 90000 euros presuntamente chegados do PP de Pontevedra. Porque o importante e saber ónde naceron os cartos, ónde se fabricaron os billetes de 500 euros dos que falan as noticias.
Pontevedra, 17.07.2013