Tribuna Viva
Solicitude de retirada das distincións outorgadas polo concello de Marín os membros da Casa Real
Estamos a vivir uns momentos moi complicados para o país, un tempo de crise económica e sanitaria provocada por a enfermidade do Covid-19 e agravada polas privatizacións e recortes nos servizos de saúde aplicadas polo PP.
Entre as distintas novas que atopamos nos medios de comunicación destacan as que fan mención ao rei emérito e a una serie de actitudes inmorais, nada edificantes e totalmente impropias da súa condición.
O Concello de Marín non pode nin debe mirar cara a outro lado. Falamos dunha institución que nace da participación veciñal e debe, polo tanto, reflectir a vontade do pobo ao que representa.
Neste senso, a cidadanía, que sí entendeu a profundidade e a seriedade da situación, está a amosar o seu desafecto coa Casa Real.
Non hai grandes recibimentos e as redes desaproban practicamente con unanimidade o que está a coñecerse, o goberno tenta arrefriar un asunto que afecta aos piares desta democracia e so algúns partidos da dereita do arco político insisten en desculpar o indesculpable.
Falamos da lexitimidade política é ética da cidadanía, dos partidos políticos e a sociedade civil enfrontada coa irresponsabilidade da Xefatura do Estado.
Falamos de que foi un país estranxeiro o que abriu causa contra o Rei emérito e iso afonda enormemente a sensación que ten a sociedade de ter sido enganada durante décadas pola máxima institución do Estado.
Por todo o anterior, Podemos Marín nas mans da súa voceira, ten presentada moción ante a Casa Consistorial para que se lle retire a Casa Real todas as distincións das que fora obxecto por parte do Concello de Marín.
Círculo Municipal de Podemos Marín